
FORMACIÓN EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL
A Dirección Xeral de Xuventude convoca dúas edicións de formación en intelixencia artificial con fundamentos non técnicos para comprender os modelos de linguaxe, recoñecer o seu alcance e familiarizarse co vocabulario da IA xenerativa.
Esta formación divídese en dous cursos con dúas edicións cada un:
- Curso introdutorio (unha sesión de 4 horas): comprender os modelos, o seu vocabulario e o seu uso con criterio.
- Curso de uso produtivo con axentes (3 sesións de 3 horas): comprender a base e dirixir axentes en tarefas e proxectos.
DESTINATARIOS: persoas mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso
REQUISITOS XERAIS: non se requiren coñecementos técnicos previos, de programación nin de IA. Non é necesaria licencia de pago de IA
INSCRICIÓN: de balde
MODALIDADE: en liña
📘 Curso de introdución á intelixencia artificial (2 edicións)
Ofrece as nocións básicas para comprender o alcance e os límites da IA, alén de introducir os conceptos chave do sector.
-
Prazas: 30 por edición
-
Datas de celebración: 06.11.2026 (1a edición), 13.11.2026 (2a edición)
-
Duración: 4 horas (sesión única)
-
Requisitos: manexo básico do navegador e acceso a unha plataforma de IA (non é necesaria licenza) que se recomendará durante o curso
PROGRAMA
1. Fundamentos: funcionamento dos modelos de linguaxe: adestramento, xeración de respostas e relación entre capacidades e limitacións.
2. Vocabulario: modelo, token, contexto, prompt, asistente, axente e ferramenta. Conceptos para comprender as novidades e seguir a evolución da IA.
3. Demostracións: exemplos de busca e contraste, procesamento de documentos, imaxes, aprendizaxe e xestión de tarefas.
4. Traballo coa IA: como aportar contexto, definir obxectivos, dialogar e iterar. Revisión crítica de erros e introdución á diferenza entre asistente e axente.
5. Actividade guiada: tarefa común dirixida paso a paso polo docente, con revisión xeral dos resultados do grupo (esta actividade non inclúe seguimento nin corrección individual dos traballos dos 30 participantes).
6. Peche: privacidade, revisión de resultados e criterios para avaliar novas capacidades e ferramentas.
CALENDARIO
| EDICIÓN | DATA | HORARIO | PRAZAS |
|---|---|---|---|
| 1ª | 06/11/2026 | 16:00 h - 20:00 h | 30 |
| 2ª | 13/11/2026 | 16:00 h - 20:00 h | 30 |
https://apunta.xunta.gal/gl/form/formacion-ia-introductorio
(inscricións abertas ata o 10 de novembro ou ata esgotar prazas)
📙 Curso 2: Uso de uso produtivo da intelixencia artificial con axentes
Parte dunha introdución non técnica aos modelos de linguaxe, as súas posibilidades, límites e vocabulario básico. A partir desa base, céntrase en traballar con axentes de IA para desenvolver un proxecto: definir obxectivos, delegar tarefas, supervisar accións e comprobar resultados.
-
Prazas: 15 por edición
-
Datas de celebración:
-
17.11.2026, 18.11.2026 e 19.11.2026 (1ª edición)
-
24.11.2026, 25.11.2026, 26.11.2026 (2ª edición)
-
-
Duración: 9 horas (3 sesións de 3 horas cada unha)
-
Requisitos: instalación dun software coa guía do docente (distribuirase saldo para o consumo de tokens)
PROGRAMA
🧠 Sesión 1: Comprender os modelos de linguaxe e os axentes
Funcionamento básico dos modelos de linguaxe, adestramento, e xeración de respostas, tokens, contexto, límites e privacidade.
Explicarase a relación entre o modelo, o asistente e o axente, así como a forma en que o uso de ferramentas permite executar tarefas.
📋 Sesión 2: Dirixir o traballo dun axente nun proxecto
Desenvolverase un caso práctico que implique un axente de IA. Definiranse o obxectivo, a información inicial, as instrucións, as tarefas delegadas e os criterios para comprobar o resultado.
Practicarase como organizar o traballo en pasos, achegar contexto, supervisar o uso de ferramentas e solicitar cambios. Distinguirase entre as decisións do participante e as accións do axente, ao tempo que se revisan os resultados parciais e se corrixen erros.
️ Sesión 3: Incorporación de ferramentas e habilidades
Introduciranse as habilidades ou skills como procedementos reutilizables para orientar o axente en tarefas recorrentes. Definiranse instrucións, condicións de aplicación e criterios de revisión baseados no proxecto realizado.
Estas habilidades aplicaranse para ampliar o proxecto e adaptar os seus resultados.Practicarase cómo comprobar o seu funcionamento, corrixir erros e mellorar as instrucións, mantendo a supervisión das accións do axente.
Presentaranse as ferramentas, habilidades (skills), conectores MCP e os plugins, aclarando as súa función dentro da contorna de traballo do axente. Explorarase cómo incorporar capacidades ou fontes de información en función das necesidades do proxecto e dos recursos dispoñibles.
CALENDARIO
| EDICIÓN | DATA | HORARIO | PRAZAS |
|---|---|---|---|
| 1ª |
17/11/2026 18/11/2026 19/11/2026 |
16:00 h - 19:00 h | 15 |
| 2ª |
24/11/2026 25/11/2026 26/11/2026 |
16:00 h - 19:00 h | 15 |
https://apunta.xunta.gal/gl/form/formacion-ia-productivo
(inscricións abertas ata o 21 de novembro ou ata esgotar prazas)
Máis información en desafiosjovens.xuventude@xunta.gal
Este curso convocase pola Dirección Xeral de Xuventude no marco do proxecto transfronteirizo de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal Desafios Jovens, un programa europeo Interreg POCTEP que nace co obxectivo de promover a inserción laboral dende a inclusividade e a perspectiva de xénero, priorizando persoas mozas e mulleres do rural e dinamizando o mercado laboral transfronteirizo.
Este proxecto conta coa colaboración da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, da Federação Nacional das Associações Juvenis (FNAJ), do Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) e do Instituto de Emprego e Formação Profissional.
