Lingua de Namorar 2026: Mensaxes da categoría B
1. Sen razóns
Sobraron os segundos dun minuto para darme de conta. Cando a túa presenza chegou ao meu
día a día, entendín que os xestos eran máis importantes co físico que os executaba. As verbas
que saían da túa faciana, multiplicaban as malas ideas que escondían.
O que eu sentía non entendía de razóns. Así é a única forma de vivir unha primeira.
2. Atoparse nos mesmos percorridos
Busco con ansío volver atopar iso. O fervor da primeira volta, a lotería que toca cada vez que o
corazón se acelera, pois estatisticamente é case imposible unir dúas almas nos espazos.
Coincidir nos mesmos percorridos só pode ser unha chamada do destino
Busco con penuria volver ser humano e sentir todo o que leo nos diarios.
3. Amor velado
Abro os ollos ao espertar,
québrase o silencio e faise a luz.
Da nada,
o mar,
o sal.
Arde en min o sol,
a calor do teu carón.
Noto o cariño da area
esvarando polas miñas costas,
o paseo dos teus dedos
debuxando na miña pel.
A pausa.
O folgo dun “quérote” acalado
e o romper das ondas.
“E eu a ti”.
4. Acougo familiar
No corredor arrecende a calma,
coa mistura dos froitos do traballo.
Os que aran a leira,
plantan e recollen.
Os que trinzan a colleita,
preparando o xantar.
A nai, adobando con afecto,
o pai, cociñando con agarimo.
Compartir a mesa
e facer fogar.
5. ¿Como é estar namorada?
Como é estar namorada? Nunca o estiven, nin sentín bolboretas por alguén. Busco, pero non
atopo, e as citas confúndenme. Non teño parella, pero non me entristece. Suspiro ao rir con
amigas, quero abrazalas e gozo estar soa. Quizais non sei o que é namorar a alguén, pero si a
vida. Enamoreime de vivir.
6. Escrito por unha persoa que nunca se namorou
Estar namorado é como unha luz cálida que envolve, acaricia e acouga o corazón. É sentir o
corazón late ao compás das palabras e silencios compartidos. É unha semente que medra,
alimentada pola confianza e lealdade, esa luz que enche o mundo de amor e esperanza. Ou iso
me contaron.
7. O sentido da auga
Nunca pensei que namorar de ti me fose ensinar, que ata a a auga é algo máis que simple
H2O.
Sinto que, é unha corrente, fluínte, e atraínte. Como cando o rio chega o mar, e a auga doce e
a salgada, chocan, entrechocan, se repelen e atraen entre si a unha á outra, intentan fuxir do
roce, mais nalgún punto non poden evitar convertirse nunha soa.
8. Únicamente nosos
O teu latexo é das cousas máis fermosas que pode un chegar a escoitar nesta ou noutras
vidas. Ese ‘’Bum-bum’’ que só soa coa existencia da miña presenza, ese son que só nace de
no-los-dous, esos latexos acelerados que escoito cada vez que apoio a miña testa no teu peito.
Ise sentir que me percorre cada vez que lembro que somos nós únicamente nosos.
9. OLLOS
Apuntan, sinalan,
desvían, vacilan, caen
observan, bican
calan,
pretenden, rexeitan, baleiran,
chaman, disparan
impactan,
ollos fervendo nos mios xeados
cravados,
din
tendidos sobre a mesa
se me segues mirando así
imos ter un poema.
10. DISPARA
A ferida que abrín
o dedo que afundín
a bala que tirei
o índice co que me apuntei
apertei.
Abismo dentro
pedindo ruído
o silencio
segues aí
a cama desfaise, despréndese,
non teño tiritas
por se alzo a vista
creo verche,
e quítome os ollos
cando estás aquí
e dígome
a cabeza foi a que me perdeu
a min, eu a ti
aqui me tes,
crávate máis.
11. Me Flipas
Meu, no sé qué me fixeches pero téñome pilladísimo, camarón. Dende que apareciches na
miña life todo me flipa máis, ata os días jrises en Jalicia parecen verán. Es brilli, es vibe, es esa
risa que me deixa tolo perdido. Quérote así,con todo teu core, sen filtros, porque contigo todo é
real.
12. Saida por Tiago
Meu, es a miña meiga, Contijo ata a choiva parece planazo, en plan paseo pola rúa do Franco
con unha Estrella na man e o corazón en modo party. Tes máis flow có vento da Chanteclair e
máis luz có sol en Bonaval. Quérote a tope, meu, es o meu norte, a miña morriña boa.
13. Agarda
Cando a escuridade invadiu o meu corpo e ser, agardei
Cando o meu alma berraba por amor, agardei
Cando perdín todo aquilo que facíame crecer, agardei
Cando xa non puiden máis coa dor, agardei
Pero agora que estás ti, xa non agardo máis
Pois ao teu lado, namorado, volvo a estar en paz
14. Distinto
Gústasme coma se quere o que arde sen facer ruído, coma a chuvia miúda que empapa
amodo ata volverse fogar. Gústasme en plural: nos teus medos, nas túas dúbidas, nesa
maneira túa de mirar o mundo coma se aínda acreditase na maxia. Se me deixas, prometo
quedar para construír contigo un nós valente.
15. Amor silencioso
Contigo aprendín que o amor non sempre fai ruído: ás veces é só a túa man buscando a miña
mentres camiñamos, a túa voz preguntando como foi o día, o teu sorriso cando me ves chegar.
Namórame esa maneira tan nosa de facer da vida algo pequeno e infinito ao mesmo tempo.
16. Contigo entendín
Contigo entendín que o amor non é só promesa, é presenza. Contigo entendín que a felicidade
cabe nun café compartido e nun “como che foi hoxe?”. Contigo entendín que o extraordinario
vive nos días normais. E contigo entendín que quero todos eses días ao teu lado.
17. Lingua de fogar
Namorarte foi aprender unha palabra nova cada día: paciencia, risa, fogar. Ti es o acento que
lle dá música ás miñas frases e o punto e seguido de todos os meus medos. Se o amor é
lingua, eu quero falarte sempre en galeg
18. Como o mar á ribeira
Quérote como o mar quere a ribeira: volvendo sempre, mesmo cando parece que me afasto. Es
o meu lugar seguro, o meu norte sen brúxula e a historia que quero escribir sen punto final.
19. Uf🔥
Libido en liña,
latexo en modo avión,
rózame xa.
20. Lume en calma
Amarte é tempo lento,
un lume que non doe.
É saber que, contigo,
mesmo o medo
aprende
a durmir en paz.
21. Raíz e camiño
Nos teus ollos aprendo
a calma do fogar.
Amarte é quedar
cando todo marcha,
ser raíz e camiño
no mesmo respirar.
22. Luz no baleiro
Non hai nada máis valente ca confiar cando o corpo treme e o medo aperta a gorxa. Confiar é
dar un paso no baleiro coa luz prendida no peito; é soster a esperanza coma quen acubilla
unha brasa no vento. A valentía non berra: murmura, teimuda e segue adiante.
23. Horizontes na pel da noite
Amarte é pronunciar o teu nome como quen invoca un lume segredo, é debuxar horizontes na
pel da noite e beber da túa risa coma quen bebe luz. No latexo compartido medra unha patria
sen fronteiras, fértil e indómita. E se o mundo calase, non sería dabondo que nos quixésemos
ata que o tempo se rendese?
24. Amor sen filtros
Nin o mellor algoritmo entende o que sinto.
Quéroche en galego, sen filtros nin instinto.
Se me dis 'vémonos?', o mundo detense,
porque amar na nosa lingua... é o que sempre vence.
25. Máis que un algoritmo
Nin o ChatGPT ten as verbas exactas,
esas que usas ti para chegarme á alma.
Poño o mundo en 'modo avión' para escoitarte,
porque co teu galego... logras namorarme.
26. Entre os dous
Entre os dous
existe un mesmo Sol,
que nos percorre
e non se dorme.
O mellor comeza agora,
acendemos os corazóns
porque queremos nesta hora,
activar todas as paixóns.
27. Lembrar
Hai momentos na vida que non se esquece, e de ti nunca me vou esquecer. Lémbote, sen
querer, como un recordo que ás veces volve. Volver quixera eu, para che dicir todo o amor que
sentía, o no silencio sofría.
28. CANDO TODO ENCAIXA
Estou sen estar, perdida entre pensamentos que non calan, pero cando ti me tocas todo
encaixa: o medo cala, o tempo para, e eu descubro que tamén merezo esta calma que me
regalas, esta maneira túa de facer do mundo un lugar onde, por fin, podo e quero quedar.
29. FRAGMENTOS DUN NÓS
Noite. Soñar. Tempo. Momentos. Suspiro. Vivir. Todo. Rir. Inexplicable. Palabras. Segredos.
Recordo. Sorrisos. Historias. Detalle. Silencio. Agradecer. Intensidade. Sons. Sensacións.
Perfume. Plans. Emoción. Sorte. Cancións. Desexos. Tolear. Anos. Pensamentos. Futuro.
Fotografías. Verdade. Apertas. Bicos. Sentir. Ti. Amor.
30. Día 78 (“wabi-sabi”)
comprender o acto de amar coma un acto perfecto e sen fisuras equivale ao mesmo que
defender a inconexa idea do infalible xeito maquinario da condición humana
31. Día 61 (eclipse)
unha noria xira ao fondo,
un sol aparece timidamente
e a xente se recolle lentamente
do que foi unha noite de estrondo,
despedidas ata a vindeira troula,
pequenos almorzos pausadamente,
algunha mirada que, complicadamente,
pode superar o caer da papoula
(chega o eclipse, e quizáis con iso unha escuridade que efímeramente ata a dó coma falsa
lembranza)
32. O dereito a querer.
Amar non ten etiquetas, non ten cores nin xéneros.
É un sorriso compartido, un bico ao aire, unha man que se abraza sen medo.
É falar en galego, en castelán, en silenzo, e sentir que cada corazón ten o mesmo dereito a
querer e ser querido, sen condicións nin barreiras.
33. O Teu Nome
A insignificancia de seis letras desaparece ao xuntárense no teu nome. A ledicia que nel
albergan atravesa a miña alma xove. Non pensei eu nunca que escoitar algo tan sinxelo como
un par de grafemas acendería o brillo dos meus ollos, tiraría do meu sorriso e aceleraría os
meus latexos. Mais non son as seis letras non, é a túa esencia impresa nelas.
34. A túa presenza
A natureza da túa existencia non limita no teu corpo. Expándese como unha luz ante cada
recordo. Persiste o teu recendo na miña mente por tempo. Manteño na memoria a plenitude e
liberdade que a túa compañía me producía. Revívoas cada unha das veces que te vexo e
agárdoas cando non te teño preto.
35. Miña artista
Ameite moito antes de coñecerte. Só podía ver os teus escritos, as túas publicacións coa
guitarra, os teus debuxos, a túa arte e, tímidamente, os teus ollos verdes. Cría saber todo de ti
ata que te atopei. Por fin escoitar a voz dos teus versos, o son da túa guitarra; formar parte dos
teus debuxos, converterme na túa arte. Por fin ti, miña Ani.
36. Ollos verdes
Mórrome polos teus beizos e pelo louro, polas pencas da túa pel de mel, tan suave como o teu
aroma que me deixa en coma. Estou a morrer ou a vivir para non esquecer? Os teus ollos
verdes faránme renacer, unha e outra vez.
37. Amor subversivo
Nun mundo tremendamente individualista non hai maior acto de rebelión que amar. Amar como
acto de coidado e subversión, para reconectar co que nos une, crear colectividades e xerar un
mundo máis amable e xusto.
38. Salvaxe
Amar como o fan os gatos. Desde a individualidade e a unión ó mesmo tempo. Dun modo
salvaxe e tenro. Con corregulación e xogo paralelo. Coidando o vínculo dun modo horizontal.
39. O efémero na eternidade
Sempre tentamos correr cara a diante,
sen mirar ao noso ao redor,
o efémero na eternidade,
buscando un fío do que tirar,
buscando amor.
40. Á miña nai
Un bico á miña nai,
por loitar contra os monstros,
durmir ao meu carón,
ensinarme a amar.
Un segredo da miña nai:
ela tamén tivo medo,
quentou o meu corazón,
aprendeu a voar.
Un poema á miña nai,
polas noites longas,
as bágoas de ledicia,
por ser ela.
41. Enamoras, meniña
Enamoras, meniña, coa túa risa que ilumina todo. Cada paseo contigo é unha aventura sen
reloxo, cada “quérote” un lume que medra no peito. Cando me miras, o mundo detense e só
existimos nós, entre sorrisos, caricias e palabras que saben a eternidade.
42. Baga Lume
Es baga lume na noite pecha, luceciña que me guía sen mapa. Cando sorrís, acéndese todo;
sen ti, apágase o mundo. Cada mirada túa é un lume que nunca quero apagar.
43. Trátase do amor.
Non son os domingos,
nin a sucidade,
nin o diluvio,
nin a melancolía dun mércores sen ti.
Nin a túa voz suplicándome
un felices para sempre
en vez de fracasos.
É máis sinxelo ca iso:
é a porta entreaberta,
os puntos suspensivos,
o case.
Como cando hai parénteses sen pechar.
Trátase desa dúbida que sempre será dúbida.
44. Un haiku para amar
Cheira a lavanda,
teu recendo na brisa,
febril verán.
45. Imaxinármonos
Debuxo corazóns nas túas costas
namentres estou a espreitar que dormes.
Imaxino que me chuchas nos beizos
entrementres non esperto do meu soño.
Para que quero acordar se non te teño?
Puidera eu namorar con esta lingua
e facer realidade o meu soño.
46. Laiarei
Se o destino así o quixer
porate no meu camiño.
De non vires non sei que eu facer
Laiarei a máis non poder
e acabarei por nunca te esquecer.
47. Lela
Lémbrome de merendar pan con chocolate na túa casa,
onde o tempo non corría e a vida non fracasa.
E hoxe, que o mundo vai á présa e tan alleo,
síntome meniña cando asubías Lela dende o ceo.
48. non hai
nop
49. Quereres
Quero té no almorzo,
quero té despois do xantar,
quérote a tódalas horas do día,
meu ben, meu lar.
Quérote aquí comigo,
quérote cando non estás,
quérote nos meus soños,
e un té para espertar.
50. Tempo de amor
Comezou con dor de cabeza, tiveches que ingresar.
Dicían que era grave, tocaba agardar.
Foron horas, incluso días, seguías sen espertar.
Lembraba moitos momentos e quería crear mais.
Sen contar, abríchelos ollos, iso era bo sinal.
Botáchesme un sorriso e apertáchesme a man.
O tempo perdido imos recuperar,
porque agora toca amarnos aínda mais.
51. Amor imposible
Eu non cría no amor ata sentir a paz de afogar no azul dos teus ollos.
Unha chama de paixón dun amor imposible.
Cando estamos xuntos nada máis ten importancia,
pero cando hai un océano de distancia, a anguria enche o meu corazón.
O mundo, xa gris, volve non crer no amor,
mais lembranzas ás veces pintan os meus soños cun pouquiño de cor.
52. Miradas no bus
Mais unha tarde trivial, sentada en vitrasa
Olhando pola xanela: hoxe choverá?
Non trouxen o paraugas
Mais entón eu vexote e o meu corazón para
Nas tres paradas non paro de pensar
No futuro que nunca teremos porque non dá o sinal para pedir o teu número. E entón baixas e
levas contigo os meus soños e eu volto a pensar que non trouxen o paraugas
53. Vento
Amar é coma o vento,
rápido ou lento,
suave ou intenso.
O vento move as follas,
o amor sentimentos.
Que fariamos sen o vento,
que trae aos animais o seu alimento.
Que fariamos sen o vento,
que fai dunha aperta o mellor momento.
54. Amor
O amor. Que seríamos sen amor? O amor pola familia, polos teus amigos, pola lingua. O amor
pola entorna, polos animais, pola música. Ai amor, que fai a nosa vida moito mellor.
55. O fogar do teu ollar
Despois de ver os teus ollos, quédome no balcón das túas pestañas para seguir vendo o mar
que arrola a oleaxe ata sentir a calma.
56. Tren hotel
Habitarte por un instante.
Ás veces, sinto como me saen os ollos das órbitas e o corazón do peito coma as agallas do can
covarde.
Na ducha, os teus cabelos envolvendome as pernas, danme sensación de contención e refuxio.
Amar mata: un só bico sabe a pouco e moitos acaban con un.
Pero, como son unha kamikaze do amor, non me importa.
57. Infinito
Quererte
ter a sorte
de mirarte
e saber que es o infinito
no que quero
te
estar
todos os días da semana.
58. KAMIKAZE DO AMOR
Habitarte por un instante.
Ás veces, sinto como me saen os ollos das órbitas e o corazón do peito coma as agallas do can
covarde.
Na ducha, os teus cabelos envolvendome as pernas, danme sensación de contención e refuxio.
Amar mata: un só bico sabe a pouco e moitos acaban con un.
Pero, como son unha kamikaze do amor, non me importa.
59. A TRAVÉS DOS TEUS OLLOS
Túa calma e sensatez déixame sen fala e respiración por un intre.
Ver as cousas a través dos teus ollos.
O noso amor, un desexo que vai voando en avoíños.
Gustaríame impregnarme do teu rastro e do teu aroma, por sempre.
E que a absurdez da vida pesase menos ao teu lado.
60. Mamemoria
Que preto che sinto agora que estás tan lonxe, mamá, e que lonxe che sentía cando estabas
tan preto. Ás veces aínda camiño coa man pechada, lembrando a túa entre os meus dedos e
tentando seguir uns pasos que xa só habitan no meu pensamento.
61. Valentía de cristal
A ti, valente de espello, que gardas as palabras para máis adiante sabendo que, en realidade,
son para nunca. A ti, temeroso dos teus sentimentos, dos teus pensamentos, das túas
emocións: por moito que cambies de rúa esquivando a evidencia, xamais poderás sortear os
sinais do teu interior.
62. Perdurábel
Aquela tarde de verán saqueille unha foto aos seus ollos para non esquecelos nunca. Non me
fixo falta. Vexo esa cor nas follas novas, na herba mollada e nos montes ao lonxe.
63. Un venres contigo
Nunca pensei pasar un venres á noite lendo a Javier Marías por gusto. Pero dende que me
dixeches que é o teu favorito, cada páxina achégame un pouco máis a ti.
64. Eternos e inseparables
A parella eterna:
A terra, firme e loitadora namorada.
O mar, namorado constante de bágoas salgadas.
Dende o comezo da existencia,
chocan un co outro.
Día tras día,
noite tras noite,
sen descanso nin despedida.
El achégase con ondas impacientes,
ela agárdao coa paciencia dos séculos.
Cando se atopan, bícanse un instante
antes de voltar a separarse.
65. Copla lucense
Lugo non ten namorada,
Soiño se atopa no medio da nada.
Hai que dar grazas de que ten bos veciños:
Castro, Outeiro, Friol, Guntín, O Corgo, Castroverde e case Pol.
Lugo non ten namorada,
Soamente ten unha boa muralla,
Aberta ao amor e aos romanciños.
A Lugo só o namoran seus veciños.
66. Soño contigo
Soño contigo, connosco, coas túa compañía e os teus aloumiños. Soño que me apertas para
nunca soltarme e que me bicas para nunca olvidarme. Soño coa cor dos teus ollos que tantas
veces me miraron con amor e soño cos teus beizos que tantas palabras de consolo me
brindaron. Soño contigo, connosco, esperando que algún día deixe de ser un soño.
67. A única muller da miña alma
Foron os seus ollos quen me afastaron deste mundo,
A súa mirada, guiaba a miña alma,
O susurro da súa voz, unha melodía de paz,
Mais nada se compara co primeiro roce da súa pel coa miña.
68. O meu lugar
Raio de lúa,
reflexo do mar,
lume que non se pode conter;
se te quero máis, vou rebentar.
Lúa, lúa, cantar da alma;
mar, mensaxeira de paz;
lume, paixón de amor.
Díganlle que o meu corazón aínda a extraña,
e non quero perdela.
69. Oxalá manearmos xuntos
Fuches
desde o primeiro punto
nota percutida
70. Epiderme do mundo
Hai un picapau
facendo faiado desta pouca leña
para ancorarte comigo
a epiderme do mundo
71. lingua solta
articula escarnio por rebosamento
áspera, viperina, lacerante
rebaixada en notas de mel morna
ata resultar apetitosa
enlea hipertrofiada a túa atención
adicta, tolerante, dependente
apresada con palabras sen tempo
que oxidan na comisura
salvadas de precipitarse ó abismo
ao fundirmos uns beizos
antihorarios.
72. avós
Nesta cociña sempre se falou outro idioma,
o da timidez afectuosa.
Ollos brillantes e risas a media dentaxe
enrugas ornamentando cada centímetro de pel rexa
ferven aloumiños sementados cada tarde ao pé do lume
racións inesgotables que se evaporan en xestos calados.
Toca marchar cun “e volve cando queiras”
que significa “volve pronto”.
73. Fendas de luz
Entre ruínas e fume dos montes, unha luz treme, pequena e teimuda. Sen ela, o mundo é
baleiro e cinza; con ela, mesmo na desolación, os ríos cantan e o corazón respira.
74. Pezas do aire
O amor é peza dun quebracabezas buscando seu lugar. Pequena e enredosa, mais esencial.
Cando encaixa, todo ten sentido; sen ela, só baleiro. Con ela, énchese todo.
75. Tinta
Non te vou escribir
porque xa non me quedan rimas,
nin letras,
nin versos,
que poidan falar de ti.
E é que as vida é iso,
é nunca deixar de escribir,
e é vivir escribindo
de todo, menos de ti.
76. Cinzas
Soñei contigo e todo eran cinzas. Soñei que ti, que eu, que todo ardía. Que a vida comezaba
nas túas costas e remataba nas miñas.
Que todo era lume.
Que pasan os anos, as horas e os minutos. E os todo queima tanto coma o primeiro día.
77. Meu ruliño
Comezan as olladas de frío.
Xa non hai primavera,xa non hai estío.
Fuxen as almas dos pobos pra vir,
a este recuncho santo sobrevivir.
Xa te vexo asoballado,malherido,
pareces canso e abatido.
Queres durmir, queres soñar ,
queres un bico ao despertar.
Non te esquezas ruliño ,aquí estou.
Ao teu carón me quedo ,non me vou.
78. Unha vez
Unha vez fun fogar cas fiestras abertas.
Un libro a estrear,
Un pan recién feito .
Unha vez fun coraxe que non coñecia medo ,
a ilusión dun meniño,
unha sobremesa interminabel.
Unha vez fun náufrago e ti fuches salvavidas .
Unha vez fun todo o que ti me fixeches sentir .
79. Amura
A xente do mar
Ai la la, ai la la
A xente do mar
Xa van pra alá
Alá van, van pro mar
Ai la la, ai la la
Van pro mar
A xente de bo amar
Amar, amar
Amar o mar
Amar a xente do mar
80. A mamá
Di a xente que non lle cabe tanto amor no peito, mais o que non sabe a xente é que ten o peito
desfeito. Desfeito do amor que hai alí dentro, iso non pode ser bo, tanto nun só corazón.
81. Cando mamá non se atopa
Amar é quedar cando o mundo cae sen aviso. Son horas de estrada e esperas entre paredes
brancas porque eu decido estar aquí, sendo a túa luz cando a túa mente se perde. Non importa
o cansazo, só importa que sintas que non estás soa. Porque aínda que o camiño sexa difícil,
para min ti es o único lugar ao que paga a pena volver.
82. Nunca me semellaron as flores síntoma de amor.
Nunca me semellaron as flores síntoma de amor.
Recordo moitas que carrexaron un perdón, un frío acompañamento ou un pesadume.
Ao final, todas viñan xa cos últimos sopros da vida.
Pero vexo agora as que trouxeches ti e teñen raíces onde aferrarse, e fan nacer en min unhas
cores que cría arrincadas.
83. Vita
Se algún día preguntas onde vivo, direiche que nun lugar pequeno: entre o latexo do teu nome
e a saudade de non estar contigo. Porque amar, ás veces, é isto: levarte dentro coma quen leva
luz nun peto escuro.
84. Horizonte interior
Ás veces penso que o amor é como mirar o horizonte: sabes que nunca o vas tocar, pero algo
dentro de ti insiste en buscarlle o infinito. E eu, teimoso, sigo atopándoo cada vez que penso en
ti.
85. Ocio FDV 1
Nestas mañás grises fáltame o teu agarimo.
Lume no camiño foi.
Baleiro de amor escribín esta cantiga.
Valente de min, pretender latexar sen el
86. Ocio FDV2
Son valente por querer abrazarte,
ainda sabendo que no me queres.
Sinto latir o corazón cando estou a carón do lume.
Cando me faltas ti e como si estubera cego.
87. Amor e paz
Amor non é só estar,
é enfrontar a vida
e nunca desertar
da loita compartida.
Amor é unir razón e paixón
e que gañe a compaixón.
O poder reside en ser capaz
de pactar e asinar a paz.
88. Mover os marcos
Que é o amor?, dis mentres pensas na túa mente
que responderei con outra pregunta ou un depende.
Que é o amor? E ti mo preguntas?
Amor es ti movéndome os marcos do corazón
e eu permitíndocho, es ti dándome a razón,
son eu escribindo poesía coas túas preguntas.
Amor... Somos nós!
89. Entre solsticios
Unha casa de campo florece de entre os meus soños.
O solpor agóchase tralas montañas que cruza o Miño.
A brisa das curtas tardes de outono eriza a pel a seu paso,
xa non hai paxaros cantando antes do crespúsculo vespertino,
Os días do verán esgotáronse;
máis nós seguimos aquí,
gardando o noso brillo.
90. O amor no corpo
Co teu peito en calma,
cheguei a escoitar
aquelo que en segredo a túa alma
atrévese a rumorear.
Vexo nas liñas da túa palma
o incerto futuro que está a agardar
o “non saber” abruma,
mais ao teu carón penso ficar.
Vexo o ceo nos teus lunares
Vexo o ritmo nos teus andares.
Nos campos dos meus ollos, se me miras,
botan a choralas flores.
91. Saudade
Aprendemos, medramos e evolucionamos. Rimos e choramos xuntos. Equivocámonos, moito.
E deses erros saímos máis fortes. Foron tempos difíciles, pero sempre acabamos apoiándonos
e buscando o mellor o un do outro. E se de algo estou segura é, de que nesta viaxe da vida,
non hai compañía máis bonita que a túa.
92. Efémero
Hai quen di que ese sentimento non existe, que é unha palabra vacua, para encher o dicionario.
Pero iso é porque non te coñece a ti. Pode que antes de atoparte eu tamén o pensase. Pero
contigo, o efémero volveuse permanente e a escuridade tornouse a máis colorida realidade.
Grazas, sempre.
93. A-Mar
No teu sorriso brilla o mar,
Galicia no peito a latejar,
como Rosalía quero amar,
nesta terra que nos fai soñar.
As ondas contan a nosa historia,
raíces e vento en plena memoria,
o corazón che late con fervor,
amor e mar, raíz e sabor.
94. Vento
No teu abrazo descubro o mar,
Galicia e alma a xuntar,
como Rosalía quero soñar,
contigo sempre amar.
O vento leva a túa voz,
raíces e pasión en nós,
o corazón que non sabe calar,
amor eterno, sen fin, sen mar.
95. O amor no século XXI
preciosa de antefaces e lumes naturais
remexe a nada limpa. así é meu amor,
indefinidamente estranxeiro. unha saba
que cae da cama e continúa a caer
eternamente.
96. Se foras unha rosa
Se foras unha rosa, coroada de pétalos escarlata, cun vestido de espiñas, aínda te amaría. E
se ao intentar abrazarte agromase dos meus dedos o sangue, aínda te abrazaría. Se ao
intentar bicarte se mesturase o vermello coa carne dos meus beizos, aínda te bicaría. Porque
mentres brille o teu corazón dourado protexido de pétalos encantados, amareite.
97. Grans de area
Sexamos dous grans de area, peguemos os nosos corpos baixo o Sol. Sintamos os poros da
nosa pel aloumiñándonos mutuamente. Sintamos a auga impactar nos nosos beizos vermellos.
Se somos arrastrados e nos perdemos no interior do mar, non te deixarei de buscar por toda a
eternidade.
98. petisco dunha misiva
Esta é a última elexía que quero dedicarlle a este amor,
aquel que leva morto máis tempo do que durou.
A derradeira epístola que redacto e non envío,
mentres recordo dos teus ollos conxelados, fanme sentir frío.
Inda así, hoxe necesito escribir esta misiva,
perdida nalgunha botella que navegue o mar, só outra carta prohibida.
99. señardade (substantivo feminino): Soidade
Teño que deixar de correr cara ti,
só preciso levantar a mirada e fuxir,
esquecer o camiño de pasos que seguín
unha e mil veces porque eras o destino que elixín.
Pero pasan os anos, crecemos e cambiamos,
noutros contextos nos que nin nos miramos,
inda que ó volver a ti teño quince anos,
cos mesmos complexos, co noso amor a pedazos.
100. Solpor
Calqueira persoa que me coñece
coñecete a ti
creo que non hai maior amor
do que me fas sentir,
o solpor,
o mar
e a arte.
Tres cousas que forman parte de min.
A cuarta chegou
o día que te coñecín.
101. Todavía en min
Sinto que te fuches,
pero todavía habitas en min.
Non hai un só día
no que non pense en ti.
Todo o amor que sinto
non me deixa vivir.
Intento transformalo
para poder sobrevivir,
pero non atopo maneiras
de que saia de min.
102. Ti
A túa presenza albéame o corazón,
crea un sentimento que me anoa ó teu carón,
xera unha respiración que amara na túa aperta.
Un aloumiño na meixela,
un bico na testa.
A ledicia de respectarnos,
a teima de nunca deixar de escollernos.
103. Compaña
A túa imaxe,
o sustento do meu pensamento.
A túa presenza,
a cobiza de cada latexo.
O teu querer,
o acubillo do meu espírito.




Comments