Ir o contido principal
voluntariado privado

Subvencións a Entidades de Voluntariado de carácter privado

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ven de convocar o procedemento de concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS508B).

Para os efectos desta convocatoria, entenderase por actividades de voluntariado, os proxectos e actuacións presentados polas entidades de carácter privado sen ánimo de lucro, sempre que desenvolvan actividades de acción voluntaria consonte o artigo 3 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das seguintes áreas:

a) Área de sensibilización sendo o obxectivo dos proxectos desta área o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como: 

1º. Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como á promoción e captación de voluntariado.

2º. Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.

3º. Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación: autonómico, provincial, local ou comarcal.

b) Área de formación que persegue unha modernización e adaptación permanente das entidades de acción voluntaria á realidade social a través destas liñas fundamentais:

As entidades beneficiarias das axudas serán as entidades de acción voluntaria de carácter privado de Galicia que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2025, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, e que se desenvolvan dentro dos sectores de actuación que recolle a Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, no seu artigo 5.2.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  (código de procedemento BS508B).

Prazo de presentación de solicitudes: do 9 de maio ao 9 de xuño de 2025.

Máis información: DOG do 08/05/2025
 

Comments