Ir o contido principal
CONABRICCGA25

Letras Galegas Gaiás 2025. Concierto de 'Abril'

A Biblioteca de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas organiza o "Concerto de Abril" o venres 16 de maio de 2025.
Tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente.
Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Abril é un proxecto formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) no que melodías tradicionais galegas e ibéricas se adaptan a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.

Unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments