Bolsas de Investigación no Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega publica as bases que rexerán a convocatoria pública de 4 (catro) bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B)
Destinatarios:
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que rematasen os seus estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.
Requisitos académicos:
_ Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o proxecto á cal presenten a solicitude (licenciado ou de grao en filoloxía galega, galego-portugués, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación; documentación, ciencias da comunicación e comunicación audiovisual ou outras titulacións equivalentes.
A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos no curso académico 2013-2014 ou posterior.
_ Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego e Portugués, Lingua e Literatura Galegas e Tradución e Interpretación.
A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.250,00 euros mensuais.
Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de maio ao 23 de xuño de 2025.
Máis información: Consello da Cultura Galega




Comments