Ir o contido principal

Mensaxe de estado

Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
 

O Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

O programa estrutúrase nas seguintes categorías:

Categorías de ESO e Bacharelato

Nestas dúas categorías, poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria; e de 1º e 2º de Bacharelato.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a coordinador/a.

Poderán participar 24 equipos da categoría de ESO e 24 equipos da categoría de bacharelato.

O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.

Categoría de Universidades

Destinada aos mozos e mozas estudantes de grao das Universidades públicas e privadas galegas matriculados/as no curso académico no que se convoca o programa.

Nesta categoría poderán participar un máximo de 16 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.

Categoría de FP (Formación Profesional)

Nesta categoría poderá participar a mocidade estudante de calquera módulo ou ciclo de FP de calquera centro de ensino de Galicia.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a coordinador/a. Poderán inscribirse un total de 8 equipos na categoría de FP.

A categoría de FP non ten fase clasificatoria.

Categoría Posformativa (nova categoría)

Nesta categoría poderá participar a mocidade ata 30 anos non incluída en ningunha das categorías anteriores.

Poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 mozos/as e una máximo de 4.

A categoría Posformativa non ten fase clasificatoria.

Fase de formación

Previamente ao inicio dos debates da fase clasificatoria realizaranse unhas xornadas de formación. As datas e lugares de realización das xornadas de formación serán comunicadas aos equipos inscritos con antelación suficiente.

PARLAMENTO XOVE 2025-2026 - 17ª EDICIÓN

Descarga o Regulamento do programa para coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición.

Reglamento

PARLAMENTO XOVE

CALENDARIO PARLAMENTO XOVE 2026

Envío do formulario de participación

Do 9 de decembro de 2025 ata o 16 de xaneiro de 2026

Envío do formulario de confirmación da inscrición e documentación

Desde adxudicación de prazas ata:

- 26 de xaneiro de 2026 (ESO e Bacharelato e Universitaria)

- 20 de febreiro de 2026 (FP e Posformativa)

Fase clasificatoria de ESO, Bacharelato e Universitaria

Categoría de ESO: 27 e 28 de Febreiro 2026. 

Categoría de BACHILLERATO: 6 e 7 de Marzo 2026.  

Categoría de UNIVERSIDADES: 13 e 14 de Marzo 2026. 

Fase final das cinco categorías

11 e 12 de xuño de 2026

 

Tema de debate da fase clasificatoria:

A dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?

Acta de avaliación do xurado

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE EQUIPOS EN AGARDA

Categoría ESO

Categoría BACHARELATO

Categoría Universidade

Categoría Posformativa

*No relativo á FP non se acadou nesta edición a concorrencia mínima para a celebración da competición nesta categoría.

 

FASE CLASIFICATORIA DE ESO

- Listado de equipos participantes

- Cronograma

- Transporte: Rutas, horarios e paradas

- Calendario, resultados e clasificación

- Listado de equipos clasificados e mellor orador da Fase Clasificatoria

- Clasificación ESO e Cruces Fase Final

Ligazóns para seguir os debates:

SALA A

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala A

SALA B

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala B

SALA C

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala C

SALA D

Parlamento Xove 2026 - ESO Sala D

 

FASE CLASIFICATORIA DE BACHARELATO

Listado de equipos participantes 

- Cronograma 

- Transporte: Rutas, horarios e paradas 

- Calendario, resultados e clasificación

- Listado de equipos clasificados e mellor orador da Fase Clasificatoria

- Clasificación BACHARELATO e Cruces Fase Final

 

Ligazóns para seguir os debates:

SALA A

Parlamento Xove 2026 - Sala A (BACH)

SALA B

Parlamento Xove 2026 - Sala B (BACH)

SALA C

Parlamento Xove 2026 - Sala C (BACH)

SALA D

Parlamento Xove 2026 - Sala D (BACH)

 

FASE CLASIFICATORIA UNIVERSIDADE

Listado de equipos participantes

- Cronograma

- Transporte: Rutas, horarios e paradas 

- Calendario, resultados e clasificación

- Listado de equipos clasificados e mellor orador da Fase Clasificatoria

- Clasificación UNIVERSIDADE e Cruces Fase Final

Ligazóns para seguir os debates:

Sala A:

SALA A - Universidade

Sala B:

SALA B - Universidade

Sala C:

SALA C - Universidade

 

FASE FINAL (TODAS AS CATEGORÍAS)

- Enfrontamentos semifinais e final, e resultados dos cuartos de final

Os días 11 e 12 de xuño de 2026 terá lugar a fase final do Parlamento Xove 2026.

Coma novidade, nesta edición haberá dous temas de debate.

ESO e Bacharelato: 

Debería eliminarse o anonimato nas redes sociais?

Universidade e Posformativa:

Debería o voto ser obrigatorio nas democracias?

- Cronograma

- Transporte: Rutas, horarios e paradas

Ligazóns para seguir os debates:

Cuartos de final:

Semifinal:

Final:

 

GAÑADORES PARLAMENTO XOVE 2026
CATEGORÍA ESO CONCELLO PUNTUACIÓN
CPR Plurilingüe La Salle
(Santiago de Compostela)
Santiago de
Compostela
356,50
CATEGORÍA BACHARELATO   PUNTUACIÓN
IES NS dos Ollos Grandes
(Lugo)
Lugo 373,00
CATEGORÍA UNIVERSIDADE   PUNTUACIÓN
Campus Santiago (USC) – Equipo 6 Santiago de
Compostela
363,00
CATEGORÍA POSFORMATIVA   PUNTUACIÓN
Posformativa – Equipo 3 Negreira-Vigo 351,50
     
     
MELLORES ORADORES PARLAMENTO XOVE 2026
CATEGORÍA ESO
Álvaro Casado Campos SOUTOMAIOR CPR SANTIAGO APOSTOL
CATEGORÍA BACHARELATO
Carmen Ánguez López LUGO IES NOSA SR DOS OLLOS GRANDES
CATEGORÍA UNIVERSIDADE
Diego Araújo Rodríguez SANTIAGO CAMPUS SANTIAGO USC EQUIPO 6
CATEGORÍA POSFORMATIVA
Iván Fernández Fernández VIGO POSTFORMATIVA EQUIPO 3
     
     
PUNTUACIÓNS FINAL PARLAMENTO XOVE 2026
Venres 12 de xuño
CATEGORÍA ESO CONCELLO PUNTUACIÓN
CPR Plurilingüe La Salle
(Santiago de Compostela)
Santiago de
Compostela
356,50
IES Río Cabe
(Monforte de Lemos)
Monforte de Lemos 342,50
CATEGORÍA BACHARELATO   PUNTUACIÓN
IES Rafael Puga Ramón – Equipo 2
(A Coruña)
A Coruña 355,00
IES NS dos Ollos Grandes
(Lugo)
Lugo 373,00
CATEGORÍA UNIVERSIDADE   PUNTUACIÓN
Campus Santiago (USC) – Equipo 2 Santiago de
Compostela
356,00
Campus Santiago (USC) – Equipo 6 Santiago de
Compostela
363,00
CATEGORÍA POSFORMATIVA   PUNTUACIÓN
Posformativa – Equipo 2 Santiago de Compostela 348,50
Posformativa – Equipo 3 Negreira-Vigo 351,50
PUNTUACIÓNS SEMI FINAIS PARLAMENTO XOVE 2026
Venres 12 de xuño
CATEGORÍA ESO PUNTUACIÓN
CPR Santiago Apóstol
(Soutomaior)
141,00
CPR Plurilingüe La Salle
(Santiago de Compostela)
161,00
   
IES Río Cabe
(Monforte de Lemos)
156,50
CPR Plurilingüe La Inmaculada
(Lugo)
116,00
CATEGORÍA BACHARELATO PUNTUACIÓN
IES Rafael Puga Ramón – Equipo 2
(A Coruña)
158,00
IES Río Cabe
(Monforte de Lemos)
156,00
   
IES NS dos Ollos Grandes
(Lugo)
158,00
IES Rafael Puga Ramón – Equipo 1
(A Coruña)
134,50
CATEGORÍA UNIVERSIDADE PUNTUACIÓN
Campus Santiago (USC) – Equipo 2 143,00
Campus Coruña (UDC) – Equipo 1 137,00
   
Campus Santiago (USC) – Equipo 6 160,00
Campus Santiago (USC) – Equipo 1 149,00
CATEGORÍA POSFORMATIVA PUNTUACIÓN
Posformativa – Equipo 1 117,50
Posformativa – Equipo 2 148,50
   
Posformativa – Equipo 3 Paso automático

 

Contacto

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 881 999 049.

Novas Relacionadas