Ir o contido principal
 

Qué é Xuventude en Acción?

É un programa da Dirección Xeral de Xuventude que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos nas áreas de actuación establecidas.

Premendo aquí podedes ver un video elaborado con proxectos realizados grazas a Xuventude en Acción

Quen pode solicitar estas axudas?

- Os grupos informais de mozos e mozas que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

- As asociacións xuvenís e as entidades que lle prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, no seu caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.

Como se poden solicitar?

- Cubrir e entregar a solicitude  e engadir a documentación necesaria que se indica na orde (artigos 9 e 10).

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

- As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos.

- A non presentación do proxecto xunto coa solicitude, en prazo constituirá un defecto non subsanable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.

Onde podo informarme?

Na Dirección Xeral de Xuventude, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico instituto.xuventude@xunta.gal

Histórico

Iniciativa Xove 2021

- Convocatoria Iniciativa Xove 2021 galego | castellano

- Requirimentos de emenda de documentación

- Resolución das axudas

Iniciativa Xove 2020

- Convocatoria Iniciativa Xove 2020 galego | castellano

- Requirimentos de emenda de documentación galego | castellano

Resolución das axudas galego | castellano

- Imaxe que se debe incluír nos medios de difusión.

INICIATIVA XOVE

Iniciativa Xove 2019

- Convocatoria Iniciativa Xove 2019 galego | castellano.

- Logos que se deben incluír nos medios de difusión.

- Resolución Iniciativa Xove 2019.

- Renuncias, desistencias e novas axudas a grupos da lista de reservas.

- Requirimentos de documentación xustificativa.

Iniciativa Xove 2018

- Convocatoria Iniciativa Xove 2018 galego | castellano

- Logos que se deben incluír nos medios de difusión.

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2017

- Convocatoria Iniciativa Xove 2017 galego | castellano

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2016

- Convocatoria Iniciativa Xove 2016 galego | castellano

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2015

- Convocatoria Iniciativa Xove 2015 galego | castellano

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2014

- Convocatoria Iniciativa Xove 2014 galego | castellano

- Publicación "Iniciativa Joven. O reto da educación non

- formal" : texto | capa e contracapa

- Folleto informativo

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2013

- Convocatoria Iniciativa Xove 2013 galego | castellano

- Proxectos

- Folleto informativo

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2012

- Convocatoria Iniciativa Xove 2012 galego | castellano

- Proxectos

- Folleto informativo.

- Resolución das axudas:

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2011

- Convocatoria Iniciativa Xove 2011 galego | castellano

- Resolución das axudas::

- Autonómico | A Coruña | Lugo | Ourense | Vigo

Iniciativa Xove 2010

- Convocatoria Iniciativa Xove 2010 gallego | castellano

- Resolución Iniciativa Xove 2010 gallego | castellano