Ir o contido principal
FPDUAL

Formación Profesional Dual intensiva 2025/2026

 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica a o proceso de admisión para o vindeiro curso 2025/2026 do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional dual intensiva.

FP Dual Intensiva: estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

Oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual intensiva para o curso 2025-2026:
Clasificada por provincia e concello
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo

Presentación solicitudes:
-Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp.
-A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico.
-Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
-Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
-Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.

Documentación:
A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
-DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
-No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
-Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europa.eu/europass/es/create-europass-cv

Selección do alumnado:
-Tendo en conta a listaxe definitiva de solicitudes, o centro e a entidade colaboradora seleccionarán o alumnado.
-Rematado o período de selección publicarase a listaxe de persoas admitidas e en espera.
-As persoas admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva deberán matricularse durante o período establecido no centro educativo no que teñan a praza adxudicada.​

​​Participación noutros procesos admisión FP:
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual intensiva tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual intensiva quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización de FP.
No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual intensiva poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.

Calendario de admisión:
-Prazo de presentación de solicitudes: do 16 de xuño ao 2 de xullo ás 13.00 h.
-Publicación da relación provisional de persoas solicitantes: 4 de xullo.
-Reclamación contra a relación provisional de persoas solicitantes: do 4 ao 8 de xullo ás 13.00h.
-Publicación da relación definitiva de persoas solicitantes: 10 de xullo.
-Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora: do 4 ao 11 de xullo ás 12:00h.
-Publicación da relación de persoas admitidas e en espera: 15 de xullo.
-Período de matrícula para persoas admitidas: do 15 ao 18 de xullo ás 13.00h.
-Adxudicación continuada: 22 de xullo ao 31 de xullo ás 13.00 h / Do 1 ao 26 de setembro ás 13.00h.

Máis información:
www.edu.xunta.gal/fp.

 

Comments