Ir o contido principal
BOTUI25

Bono Turismo 2025

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga desde as 09,00 horas do 18 de xullo ata o 19 de decembro de 2025 na web www.bonoturismo.gal.
Turismo de Galicia pretende incentivar a desestacionalización na comunidade mediante o cofinanciamento de estancias e actividades, prolongando así a actividade turística fóra de tempada e dinamizando a economía e o emprego no sector.

Cada persoa poderá acceder a un máximo de dous bonos, que serán cada un dun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polas persoas solicitantes.
Estas últimas deberán, por tanto, abonar 90€ por cada bono, 180€ no caso de que accedan aos dous máximos, que lles facilitarán ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos participantes no programa.

Máis información:
https://bonoturismo.gal/es/client

 

Comments