Confúndese 'sexo' con 'sexualidade'
Socialmente considéranse sinónimos, pero esta amalgama sería o mesmo que confundir 'persoa' con 'personalidade'. ¿E se 'sexo' é algo que somos, home e muller, e a 'sexualidade' é como o vivimos?
Na nosa sociedade existen contradicións no referente á mocidade e á sexualidade. Por unha banda, semella que existe formación suficiente para que vivamos a sexualidade de forma satisfactoria, pero por outra, comprobamos que seguen a existir prexuízos, mitos e situacións non desexadas.
Necesitamos conseguir habilidades que nos permitan unha vivencia plena, responsable e constructiva da nosa sexualidade. É un paseo no que cultivamos e exploramos os camiños nos que cada quen toma as súas decisións e constrúe a súa biografía, de maneira que poida afrontar as dificultades que poidan xurdir ou mellorar aqueles aspectos que consideremos.
Sentimos de maneiras diferentes, temos desexos do máis diverso, os nosos corpos son únicos e cada quen marca o seu propio ritmo. Hai, polo tanto, tantas sexualidades como persoas e esta diversidade é unha das riquezas do ser humano.
Para que?
Para mozos e mozas.
Algunhas intervención irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.
Para que?
Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de contribuir ao coñecemento, aceptación e vivenciación da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio posible, promovendo así a vivencia libre da sexualidade e da construción da propia biografía como seres sexuados.
Obxectivos específicos:
- Transmitir a concepción da sexualidade dun xeito plural, de respectar á diversidade, de aceptar a igualdade dentro da diferenza, a explorar os nosos medos e a potenciar as nosas fortalezas, os noso desexos, de buscar o pracer de xeito constructivo e duradeiro, e ser responsables das nosas conductas.
- Promover o respecto á diversidade, o dereito á diferencia sexual, o respecto polos sexos e a valoración positiva dos mesmos.
- Apoiar e asesorar na resolución das dificultades no eido da sexualidade que actualmente inciden na sociedade (embarazos non desexados, infeccións de transmisión sexual, homofobia, transfobia, situacións de desigualdade, etc.)
- Promover as habilidades que fomenten a convivencia entre os sexos.
- Informar e asesorar no tocante ás prácticas eróticas, contribuíndo a aclarar tabús e falsos mitos.
- Promover actitudes positivas fronte as diversidades e peculiaridades sexuais, aportando elementos clarificadores e información para a comprensión de feitos habituais no noso día a día (orientación do desexo, identidade sexual, gustos e desexos, etc.).
Como?
Para acadar os obxectivos marcados, o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:
- Elaboración de materiais divulgativos
- Impartición de obradoiros para mozos e mozas
- Elaboración de estudos e informes
Consultas?
A miña parella dime que lle poña o preservativo, pero a min dame corte porque nunca llo coloquei antes, que fago?
O preservativo é o medio que temos para evitar algunhas das situacións non desexadas nas nosas relacións eróticas como a transmisión de certas infeccións e os embarazos non planificados. Ás veces utilizalo pode dar vergoña por medo a non saber cómo colocalo, ou por non telo feito nunca. A súa colocación é sinxela, soamente necesitarías practicar antes para facelo con mais maña!. Pode ser incluso unha parte máis do xogo erótico. Se aínda así non o tes claro, podes propoñerlle a túa parella que che ensine a colocalo, seguramente o fará con moito gusto!
Tamén poderías pasar por un dos nosos centros se tes dúbidas sobre como se coloca.
Teño fantasías nas que teño relacións cunha muller, son lesbiana?
As fantasías eróticas son pensamentos ou imaxes que evocamos que nos poden resultar excitantes, pero que non sempre teñen que gardar relación co que desexamos ou facemos na realidade.
Independentemente de que sintas desexo cara as mulleres ou non, na túa man está fantasear con este feito ou con moitas outras cuestións que che poidan resultar excitantes. As fantasías teñen os límites que nós mesmos lles estipulamos, son parte do noso imaxinario e un recurso moi recurrente na busca de sensacións e momentos excitantes.
Se tes dúbidas ou queres afondar máis neste tema podes pasarte por un dos nosos centros.
Documentación
Referentes estratéxicos
- Internacionais:
- Orientacións técnicas internacionais sobre Educación en sexualidade. Enfoque baseado en evidencias orientado á escola, docentes e educadores da saúde. Organización das Nacións Unidas para Educación, Ciencia e Cultura. 2010
- Pautas e actividades para un enfoque integrado cara a unha educación en sexualidade, xénero, VIH e dereitos humanos
- Guía operativa para programas de educación sexual para xóvenes
- Saúde Sexual para o Milenio. Declaración e documento técnico. Organización Panamericana da Saúde. OMS 2009 (pendiente del documento en pdf).

- Programas escolares de Educación Sexual. Análisis de costos e a relación costo-beneficio en seis países. Organización das Nacións Unidas para a Eduación, a Ciencia e a Cultura.
- Factores do éxito: Estudos de casos de programas nacionais de Educación Sexual. Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura
- Europeo
- Estándares de Educación Sexual para Europa. Organización Mundial da Saúde. 2010
- Homofobia e discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero nos Estados membros da Unión Europea. 2009. Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA) 2009
- Estatal
- Estratexia Nacional de Saúde e Reproductiva. Ministerio de Sanidade Política Social e Igualdade. 2011
- II Plan Extratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2013-2016. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. 2013
- Documento de bases para unha política de Xuventude INJUVE. Consello da Xuventude de España. 2010
- Educación para a sexualidade con bases científicas. Recomendación dun grupo internacional de expertos
- Autonómico
- Programa de Educación Afectivo-Sexual para Asturias. Documento marco
- Coeducación Afectivo-Emocional e Sexual
Estudos
- Europeo
- Informe UR. Homofobia e discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero nos Estados membros da Unión Europea. 2009 Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA) Informe de síntesis
- Sondeo de opinión: xóvenes de diversidade sexual: conclusións. INJUVE. 2011
Normativa
- Europea
- Recomendación CM/Rec (2010) do Comité de Ministros ós Estados membros sobre as medidas para combatir a discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero. 2010.
- Manual de lexislación europea contra a discriminación da Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea. 2010.
- Manual para promover e protexer o disfrute de todos os dereitos humanos por parte das persoas lesbianas, gais, bisexuais e transxénero (LGBT). Consello de Europa. 2010.
- Estatal
- Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo.
- Enlace ministerio: http://www.msssi.gob.es/
-Información sobre IVE, artículo 14 LO 2/2010, de 3 de marzo
-Información sobre IVE, artículo 15.b) LO 2/2010, de 3 de marzo
-Real Decreto 825/2010, de 25 de xuño, de desarrollo parcial da mesma
-Real Decreto 831/2010, de 25 de xuño, de garantía da asistencia da prestación á interrupción do embarazo.
Campañas
Like pola diversidade
