Ir o contido principal
deporte

Bolsas para deportistas do Concello de Outes 2025

O Concello de Outes abre a convocatoria de bolsas destinadas a apoiar a rapazas e rapaces deportistas do municipio que destaquen na súa faceta competitiva. O obxectivo é fomentar o deporte base e adaptado, así como contribuír a paliar os gastos derivados da alta competición federada.

Persoas destinatarias

As axudas están dirixidas a deportistas:

  • De deporte base, nados/as entre 2005 e 2015 (10 a 20 anos).

  • De deporte adaptado, nados/as entre 1995 e 2015 (10 a 30 anos).
    En todos os casos deberán estar federados/as e empadroados/as no Concello de Outes cunha antigüidade mínima de dous anos.

Liñas de apoio

Establécense dúas modalidades incompatibles entre si:

  • Liña A: Deportistas que participen en campionatos individuais ou por parellas.

  • Liña B: Deportistas que, competindo en campionatos de equipo, fosen convocados/as para adestramentos ou partidos coas súas seleccións autonómica ou estatal.

Contía

A convocatoria conta cun orzamento total de 5.000 €, cun máximo de 1.500 € por deportista. A distribución farase en concorrencia competitiva segundo os méritos deportivos acreditados entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025.

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude:

  • No Rexistro Xeral do Concello de Outes, de forma presencial ou a través da sede electrónica municipal.

  • O prazo de presentación será o que se estableza no extracto da convocatoria publicado no BOP da Coruña.

Máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 20 de agosto de 2025 ou na sede electrónica do Concello de Outes.

Comments