Axudas para material escolar e equipamento destinadas a familias vulnerables de Touro no curso 2025/2026
O Concello de Touro vén de abrir a convocatoria de axudas económicas para a adquisición de material escolar e equipamento destinadas a menores de idade pertencentes a familias en situación ou risco de exclusión social.
As subvencións, cun orzamento total de 9.300 €, teñen como obxectivo apoiar á escolarización e garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación.
Contía das axudas
-
30 bolsas de ata 110 € para alumnado de educación infantil e ensinanza obrigatoria.
-
20 bolsas de ata 300 € para alumnado de ensinanza non obrigatoria (agás educación infantil).
Gastos subvencionables
Poderanse cubrir gastos de material común (cadernos, bolígrafos, folios, cores...), material complementario (mochilas, libros de lectura, calculadoras, pendrives...), así como roupa de abrigo e calzado, incluído o deportivo.
Persoas destinatarias
As axudas van dirixidas a unidades de convivencia con menores matriculados no curso 2025/2026 en centros educativos do Concello de Touro. Será requisito que a renda familiar non supere o 2 veces o IPREM anual (8.400 €) e cumprir co resto de condicións establecidas nas bases.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña (20 de agosto de 2025).
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Touro ou no rexistro de entrada da casa do concello, acompañadas da documentación requirida.
Máis información
As bases completas e modelos de solicitude poden consultarse na web municipal www.concellodetouro.com e na sede electrónica sedetouro.gal.




Comments