Ir o contido principal
material escolar

Convocatoria de axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio, no curso escolar 2025-2026

Tipo de axudas:

a) Dispositivos electrónicos e accesorios (ordenador, portátil, tableta, impresora, consumibles da impresora, altofalantes, micrófono, webcam, lapis de memoria): contía máxima da axuda por unidade familiar será do 75% do importe da factura presentada, sen que en ningún caso esta contía exceda dos 300,00 €.

b) Material escolar: a contía máxima da axuda de 50,00 €.

c) Roupa e material deportivo: necesario para a actividade de educación física que realice no centro de ensino. A contía máxima da axuda de 75,00 €.

Requisitos:

1 As axudas destinaranse ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio, o cal os recursos económicos da unidade familiar non superen o 1.5 IPREM. No caso de familias monoparentais, familias con algún menor con discapacidade e/ou familias con menores en situación de violencia de xénero, este límite económico incrementarase un 10% na súa renda per cápita.

2 Que teñan a residencia e empadroamento real e efectivo no Concello de Rianxo.

3 Que no curso escolar 2025-2026 estean matriculados nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

 Prazo

Quince días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no BOP.

Lugar

Na sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo.

Máis información:

BOP

Comments