Ir o contido principal
infantil

O Concello de Barbadás convoca axudas para a adquisición de libros e material didáctico en Educación Infantil

O Concello de Barbadás vén de publicar unha convocatoria de axudas dirixidas ás familias con alumnado de educación infantil, co obxectivo de apoiar a adquisición de libros e material didáctico para o curso académico.

Segundo a convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP), poderán beneficiarse destas axudas as unidades de convivencia cuxos ingresos non superen os 5.700 euros netos por membro familiar.

As contías das subvencións terán un máximo de 100 euros por alumno ou alumna, conforme ás limitacións recollidas nas bases.

Deberes das persoas beneficiarias

As familias que reciban a axuda deberán cumprir co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como co resto da normativa aplicable en materia de subvencións.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Comments