Convocatoria de axudas para mozos e mozas do Concello de Lalín: Programa ConduceLalín 2025
O Concello de Lalín pon en marcha a convocatoria de subvencións e axudas económicas directas destinadas á mocidade empadroada no municipio, para contribuír ao financiamento da obtención do carné de conducir. Esta iniciativa enmárcase no Programa ConduceLalín 2025.
Beneficiarios/as:
Poderán optar a estas axudas as persoas de entre 18 e 25 anos que estean empadroadas en Lalín desde hai, como mínimo, un ano e que teñan obtido calquera tipo de permiso de conducir entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. Cada persoa só poderá solicitar unha axuda.
Tipos de permisos subvencionados:
-
AM: ciclomotores e cuatriciclos lixeiros
-
A1, A2, A: motocicletas de diferentes cilindradas
-
B e B+E: automóbiles e conxuntos con remolque
-
C, C1, C+E, C1+E: vehículos de transporte de mercadorías
-
D, D1, D+E, D1+E: transporte de pasaxeiros
Importe das axudas:
-
Máximo por persoa: 300 €
-
Para o permiso AM: 150 €
Prazo e presentación de solicitudes:
-
O prazo será de 1 mes desde a publicación do extracto das bases no BOPPO.
-
As solicitudes deberán presentarse mediante o modelo normalizado dispoñible, achegando a documentación requirida, incluindo DNI/NIE, certificado bancario e copia do permiso de conducir.
Obxectivo:
Facilitar que a mocidade de Lalín poida obter o seu permiso de conducir, fomentando a mobilidade, a autonomía e o desenvolvemento persoal e profesional.
Para máis información e descarga dos formularios, pódese consultar a sede electrónica do Concello de Lalín.




Comments