Ir o contido principal
linguas

Convocatoria aberta para a matrícula nas Casas das Linguas do Concello de Lugo no curso 2025/26

O Concello de Lugo vén de aprobar as bases que rexerán o proceso de matrícula nas Casas das Linguas María Balteira e Estrada da Granxa para o curso 2025/26.

As actividades desenvolveranse entre o 1 de outubro de 2025 e o 19 de xuño de 2026, ofrecendo prazas para público infantil, xuvenil e adulto. Entre os idiomas dispoñibles están inglés, francés, alemán, galego e linguaxe de signos, con diferentes niveis segundo a idade e formación previa.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude dende o día seguinte á publicación das bases no BOP ata o 23 de setembro de 2025. O proceso poderá realizarse presencialmente en cada unha das Casas das Linguas ou a través dos correos habilitados:

Cada curso contará cun número limitado de prazas: 20 por clase en adultos, 15 en actividades infantís, e un número adaptado no caso de familias e bebés. Se houbese máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo o 24 de setembro.

As persoas admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 25 e o 30 de setembro, entregando a documentación requirida e o xustificante de pago das taxas, salvo no caso de menores de 14 anos, que estarán exentos/as do abono.

Toda a información detallada pode consultarse no BOP de Lugo nº 214 do 17 de setembro de 2025, no blog oficial das Casas das Linguas (casadaslinguasconcellodelugogal.blogspot.com) e na web casadaslinguaslugo.gal.

Comments