Ir o contido principal
inf

Correspondentes Universitarios/as

Co albor do curso 2025/26 encetamos unha nova edición do programa Correspondentes Universitarios/as.

Neste noso contexto de desinformación e saturación mediática, a figura do/a correspondente de información xuvenil cobra aínda máis importancia. Aí entras ti para difundires programas, convocatorias, bolsas, certames... e outras iniciativas análogas. O obxectivo último é que as persoas novas participedes de xeito activo na sociedade, para o cal precisades contar coa información que vos permita analizar, escoller e actuar para trazardes camiño persoal e profesional.

 

Cales serán as túas funcións?

- Difundir entre os teus compañeiros/as de universidade, residencia, club deportivo, contorna de iguais... a información sobre os distintos programas, oportunidades e iniciativas para a xuventude, sobre todo as accións promovidas pola Xunta de Galicia ou pola Universidade.

- Adoptar un rol bidireccional no que informes o servizo de Información Xuvenil da Xunta de calquera iniciativa ou convocatoria que consideres que merece ser difundida por nós.

- Xestionar un taboleiro ou sistema de divulgación da información na túa facultade ou residencia.

- Coorganizar co resto de correspondentes do teu campus unha xornada de información xuvenil.

- Asistir ás reunións de coordinación e formación ás que sexas convocado/a.

 

Para inscríreste basta con cubrires o seguinte formulario antes do 31 de outubro.

Comments