O Concello de Bergondo convoca axudas para apoiar o pagamento da vivenda habitual e dos gastos de consumo enerxético
A Xunta de Goberno Local do Concello de Bergondo aprobou, na sesión ordinaria celebrada o xoves 11 de setembro de 2025, as bases da convocatoria de axudas económicas municipais destinadas a apoiar ás familias máis vulnerables no pagamento dos gastos de consumo enerxético e da vivenda habitual.
O obxectivo destas axudas é paliar os efectos da crise socioeconómica e contribuír a reducir o impacto nos fogares con maiores dificultades económicas.
As persoas beneficiarias deberán cumprir, entre outros requisitos, os seguintes:
-
Ser maiores de idade e ter nacionalidade española ou residencia legal en España.
-
Ser titulares dun contrato de alugueiro ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada en Bergondo, que constitúa a residencia habitual da unidade de convivencia.
-
Estar en situación de vulnerabilidade económica, non superando os ingresos anuais establecidos en función do IPREM e das circunstancias familiares.
A convocatoria inclúe dúas liñas de apoio:
-
Axuda ao pagamento da vivenda habitual: ata 300 € mensuais, con límite de tres mensualidades no ano 2025.
-
Axuda aos gastos de consumo enerxético: ata 400 €, cun máximo de catro facturas referidas ao consumo do ano 2025.
Ambas as dúas axudas son compatibles entre si.
📅 O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2025, a través da Sede electrónica municipal ou de forma presencial con cita previa.
🔗 As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 18 de setembro de 2025.




Comments