O Concello de Moeche abre a convocatoria de axudas para o pago de subministracións enerxéticas
O Concello de Moeche vén de aprobar, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 11 de setembro de 2025, as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas destinadas a apoiar ás familias máis vulnerables no pago das subministracións enerxéticas.
As axudas, de carácter social, buscan paliar o impacto da subida da electricidade e facilitar o acceso a un apoio económico directo ás persoas en risco de exclusión ou con baixos ingresos.
📌 Principais aspectos da convocatoria:
-
Contía: 150 € nun único pagamento.
-
Orzamento total: 4.000 €.
-
Beneficiarios/as: persoas empadroadas en Moeche, maiores de 18 anos ou menores emancipadas, que cumpran os requisitos establecidos (beneficiarios do Bono Social de Electricidade, unidades familiares con rendas limitadas, pensionistas con pensión mínima, persoas perceptoras do Ingreso Mínimo Vital ou da RISGA).
-
Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir da publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
-
Lugar de presentación: sede electrónica do Concello de Moeche (https://moeche.sedelectronica.gal) ou presencialmente no Rexistro da Casa do Concello.
As solicitudes tramitaranse por orde de entrada ata esgotar o crédito dispoñible. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, con cita previa.




Comments