O Concello de Boiro convoca bolsas para deportistas federados 2024
O Concello de Boiro lanza a convocatoria de Bolsas para Deportistas Federados 2024, co obxectivo de recoñecer e premiar o esforzo e dedicación dos mozos e mozas empadroados no municipio que destacaron na súa disciplina durante a tempada 2024.
A convocatoria conta cun orzamento total de 9.750 euros e está destinada a persoas de entre 9 e 23 anos, que dispoñan de licenza federativa vixente e participasen en campionatos oficiais ou probas de nivel competitivo equivalente.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro no prazo de 10 días hábiles desde a publicación no BOP, acompañadas da documentación requerida: DNI, volante de empadroamento, certificación bancaria, copia da licenza federativa e acreditación dos méritos deportivos.
Toda a información sobre as bases e o formulario de solicitude está dispoñible no Portal de Transparencia do Concello de Boiro: Bases de Execución do Orzamento 2025 – Base 46.3 e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Para calquera dúbida ou información adicional, o Departamento de Deportes do Concello atende aos interesados na Casa do Deporte / Edificio das Colonias.




Comments