Ir o contido principal
igfae

CHARLAS E VISITAS DIVULGATIVAS IGFAE

 Co inicio do curso, lanzamos o noso programa anual de divulgación para centros educativos.

🗣️ CHARLAS DIVULGATIVAS
👩🏾‍🏫 Unha lista de 19 charlas sobre as diferentes liñas de investigación do IGFAE, nas que o noso persoal comparte co alumnado de toda #Galicia os segredos dalgúns dos experimentos punteiros no mundo.

🛣️ Cada ano achegámonos a máis de 50 centros e 1.000 estudantes.

--

📍 VISITA O IGFAE
🏡 Tamén ofrecemos a oportunidade de visitar as nosas novas instalacións, os espazos de traballo e os laboratorios cos que contribuímos a diversas colaboracións internacionais no ámbito da física.

⚠️As visitas terán lugar os venres, en horario de mañá, para grupos dun máximo de 25 persoas, cunha duración de 2 horas aproximadamente.

❓ Que tes que facer?
🔗 Visita a nosa web, accede ao apartado de divulgación, consulta a información e enche o formulario correspondente.

Comments