Ir o contido principal
cgac

Percepción e incerteza. CGAC

Este venres, 26 de setembro, abrimos a nova temporada expositiva do CGAC con 'Percepción e incerteza'.

🎥 'Percepción e incerteza' non é unha exposición de tese, senón unha experiencia inmersiva que, desde a imaxe e os seus límites, propón reformular a tensión entre estes dous conceptos fundamentais do paradigma cuántico. Para iso reúne as obras de tres artistas que traballan coa imaxe en movemento desde perspectivas moi distintas e con propostas experienciais diversas: Jaione Camborda desde o cinema, e Joan Fontcuberta e Max de Esteban desde a fotografía e o vídeo.

📣 A exposición poderá visitarse a partir do 26 de setembro ás 14:30 horas. Esa mesma tarde, ás 18:30 horas, terá lugar unha conversa na que participarán os artistas e o comisario da mostra e director do CGAC, Santiago Olmo.

🔗 Máis detalles sobre a mostra nesta ligazón

Comments