Ir o contido principal
arteixo

Feira Histórica Arteixo 1900

Pérdete no tempo e goza de todo o que ocorre en Arteixo, nesta festa que toda a xente agardaba con ilusión.
Garda este post e vén vivir a experiencia!
.
As actividades do CCA: vive a festa da aldea! 🎉
Diversión, tradición e comunidade nun fin de semana cheo de vida.
✅Concurso “Aldeadas”
Equipos vestidos de época competirán en xogos tradicionais.
Forza, habilidade e moito humor asegurado!

✅Desfile “Un paseíño no día da festa”
Desfile-concurso para amosar estilo e creatividade.
Participa en individual, parella ou grupo!

✅Obradoiros “Saberes da Aldea”
Aprende oficios e tradicións con empresas socias:
🌸 Herbas medicinais @aysuemporium , 🧈 manteiga con @marilutartas e 🧺 cestería con @seoanetextil .
Domingo pola mañá.

✅Sorteo infantil

✅Participa cun ticket de compra de 10 €.
Gaña fichas para o Tío Vivo, Tren e cabaliños! 🐎

✅Foliada e Pasarrúas
Música e festa coa Escola Entresóns 🎵
Domingo pola mañá.

✅Premios en vales do CCA
Máis de 1.000 € en vales para gastar nos comercios asociados!
Un retorno directo para o teu negocio.
 

Comments