Convocatoria dos premios da XXXVII Tirada de Bolos do Concello de Xove
O Concello de Xove aprobou a convocatoria dos premios da XXXVII Tirada de Bolos, unha das competicións deportivas con maior tradición no municipio.
Obxecto:
-
Incentivar a participación cidadá nun deporte con longa tradición en Xove, promovendo a práctica deportiva e a convivencia entre persoas de todas as idades.
Categorías e beneficiarios:
-
Liga Senior Masculina e Senior Feminina: aberta a todas as persoas sen límite de idade.
-
Liga Sub 16 (mixta): aberta a rapaces e rapazas menores de 16 anos. Se un participante cumpre 16 anos durante o campionato, poderá permanecer nesta liga ata a súa finalización.
-
Liga de Maiores: para persoas de 60 anos ou máis, que renuncien a participar nas ligas Senior. Esta categoría créase de xeito independente nesta XXXVII edición.
Requisitos e documentación:
-
Presentar NIF da persoa participante.
-
Para cada tirada, o persoal coordinador elaborará un listado cos participantes e a puntuación obtida.
Contía dos premios:
-
Haberá premios por tirada e premios finais (segundo as bases aprobadas no marco da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Xove, publicadas no BOP núm. 136, 16 de xuño de 2025).
Prazo de presentación de solicitudes:
-
As solicitudes deberán presentarse antes de participar en cada tirada, segundo as instrucións do persoal coordinador.
Máis información




Comments