Ir o contido principal
VENTEVINDO25

Vente Vindo . Celso F. Sanmartín . Espectáculo de narración oral polo Día do Patrimonio Inmaterial

Vente Vindo é un espectáculo de narración oral da man de Celso Fernández Sanmartín, poeta, colleitador e contador de historias que chega á Biblioteca de Galicia con motivo do Día do Patrimonio Inmaterial.

Celso leva anos percorrendo escenarios por toda a xeografía española e por boa parte de Europa, levando consigo o seu repertorio de contos, lembranzas e emocións compartidas. Como poeta, publicou varios libros; como contador, converte cada historia nun lugar ao que volver.

En 2022 foi recoñecido co Premio Rebulir da Cultura Galega polo seu labor na preservación e difusión da tradición oral da Comunidade.

Neste espectáculo Celso F. Sanmartín comparte un ramallo de historias de antano, lembranzas e contos recollidos da tradición oral que forman parte da súa maneira de mirar e contar o mundo.

Vente Vindo é unha oportunidade para escoitar historias contadas con verdade, humor e emoción.

Máis información:
www.cidadedacultura.gal

Comments