🍂 CAMPAMENTO DE OUTONO – SETEPORTAS–ALTAIR COMPOSTELA
📍 Lugar: Área Recreativa de Chans, San Vicenzo, A Baña (A Baña)
🚍 Saída: Venres, 24 de outubro de 2025, ás 17:30 h, desde o local de SetePortas–Altair (Rúa do Home Santo, 29B, Santiago de Compostela)
🏠 Chegada: Domingo, 26 de outubro de 2025, ás 18:00 h, no mesmo lugar
💰 Cota:
• 70 € para membros do agrupamento
• 95 € para novas incorporacións (inclúe a cota das actividades do mes en curso)
📅 Prazo límite de inscrición: 19 de outubro de 2025
📝 Formulario de inscrición: https://forms.gle/9nqVPTguKsJJagUr8
ℹ️ Información adicional:
A equipa educativa de SetePortas–Altair está aberta a valorar a cantidade a aboar e os prazos de pagamento en función da situación particular de cada familia.
Para calquera dúbida, pódese contactar no 📞 633 336 256 ou no correo electrónico 📧 seteportas@altair.gal
Todos os nenos e nenas participantes estarán cubertos pola póliza de accidentes nº 1/4/142664, contratada coa entidade PREVISORA GENERAL, Mutualidad de Previsión Social, actualmente en vigor e ao corrente no pagamento das primas.
💫 Altair é máis que un agrupamento: é un espazo educativo e comunitario no que crianzas e familias aprenden facendo, xogando e compartindo valores de fraternidade, solidariedade, compromiso e respecto.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración na difusión desta información e no apoio a proxectos de educación en valores e participación xuvenil.




Comments