Ir o contido principal
EXPOUT25

Exposición 'O patrimonio vivo'

A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo acolle desde o 16 de outubro a mostra 'O patrimonio vivo', organizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica 'Ponte... nas ondas' en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lugo.

A UNESCO proclamou o pasado ano 2024 o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), xuntando así unha nova data á do 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio. A inauguración será o mesmo día 16 ás 12.00 horas, nun acto que preside o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga.

A mostra pode verse ata o 2 de novembro de 2025, en horario de 9.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 19.30 horas, os sábados e domingos, e tamén está aberta ás visitas escolares para as que se deseñou unha ficha didáctica para o alumnado.

Máis información:
www.usc.gal

Comments