Ir o contido principal
faísca

Faísca Cultural. Constrúe e deconstrúe: un achegamento ao mundo do fanzine

⚡ Este xoves comeza a faísca cultural 'Constrúe e deconstrúe: un achegamento ao mundo do fanzine' no campus de Lugo da @universidade_usc , que xirará arredor do 'Encontro de fanzines e autoedición' do 18 de outubro de @vaiavaia.lugo!

➡️ Esta nova faísca é unha proposta de obradoiros mediante os que se amosará ao estudantado que é un fanzine e como realizalo e cos que se traballará para desenvolver diferentes publicacións onde poidan plasmar o coñecemento das materias 'Antropoloxía cultural' e 'Crítica da cultura' do grao en Xestión Cultural da @humanidadesusc e 'Educación visual e plástica' do grao en Mestre en Educación Primaria da Facultade de Formación do Profesorado, amosando así as amplas capacidades de aplicación do fanzine. O acceso ás actividades é libre para a comunidade universitaria ata completar a capacidade dos espazos.

Máis info
 

Comments