Tomiño abre un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego de oficiais de alumeado
O Concello de Tomiño convocou un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir prazas de oficial de alumeado, mediante o sistema de concurso-oposición.
O proceso permitirá dispoñer de persoal para a cobertura transitoria destes postos por calquera das causas recollidas no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
A categoría do posto é:
Oficial de alumeado, persoal laboral, Grupo IV.
Prazo de presentación
O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
As solicitudes poderán presentarse:
-
Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño
-
A través da sede electrónica
-
Ou por calquera das vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Máis información
As bases completas e os sucesivos anuncios do proceso (listas de admitidos, datas e lugares das probas, etc.) publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tomiño.




Comments