Deputación da Coruña: convocatoria dunha praza de Técnico/a de Xestión (A2) por oposición libre
A Deputación Provincial da Coruña convoca unha praza de Técnico/a de Xestión de Administración Xeral (subgrupo A2) mediante o sistema de oposición libre.
As persoas interesadas deberán estar en posesión dun título universitario de grao ou diplomatura (ou equivalente) e cumprir os requisitos xerais de acceso ao emprego público.
O proceso selectivo constará de catro exercicios, tres obrigatorios e eliminatorios, e un cuarto de lingua galega (exento para quen posúa o Celga 4 ou equivalente).
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOE, e as inscricións realizaranse de forma telemática a través do portal CONVOCA.
Taxa de inscrición: 24,05 €
Máis información
sede electrónica da Deputación da Coruña.




Comments