Novas oportunidades de emprego público en Baralla e Foz
Os concellos de Baralla e Foz veñen de publicar novas convocatorias de emprego destinadas a mocidade interesada en traballar na administración local.
🔹 Baralla
O Concello aprobou as bases específicas para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/a baixo o réxime de funcionario/a interino/a por programas, ao abeiro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025.
O proceso realizarase mediante concurso-oposición e o prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A convocatoria pode consultarse na sede electrónica do Concello (https://baralla.sedelectronica.es) e no taboleiro de edictos municipal.
O proceso está exento de taxas.
🔹 Foz
O Concello de Foz anunciou a apertura dunha convocatoria para a formación dunha bolsa de traballo destinada á cobertura dunha praza de auxiliar UNED.
As persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días hábiles desde o seguinte á publicación no BOP para presentar a súa solicitude.
Os requisitos e o resto da información poden consultarse nas bases dispoñibles na sede electrónica municipal (www.concellodefoz.es) e no taboleiro de anuncios do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Teléfono de contacto: 982 140 027.




Comments