Ir o contido principal

Convocatoria dunha praza de responsable de sistemas da información e comunicacións na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa

A Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría publicou a Resolución do 29 de setembro de 2025 pola que se convoca un proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal laboral fixo.

A praza convocada corresponde ao posto de responsable de sistemas da información e comunicacións, mediante contrato fixo e sistema de selección por concurso-oposición.

As bases da convocatoria e os modelos de solicitude están dispoñibles nas dependencias da Autoridade Portuaria, situadas na rúa Peirao de Pasaxeiros, nº 1 (Vilagarcía de Arousa), e tamén na súa páxina web: 👉 www.portovilagarcia.es.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As notificacións e anuncios relacionados co proceso publicaranse tanto no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria como na súa páxina web oficial.

Lugar: Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría
Data da resolución: 29 de setembro de 2025
Máis información:

www.portovilagarcia.es

DOGA

Comments