Ir o contido principal

Convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego de mestre/a de música en Meaño

O Concello de Meaño vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía de data 22/10/2025 (núm. 2025-0743), as Bases de selección para a creación dunha bolsa de emprego destinada á cobertura temporal do posto de mestre/a da Escola Municipal de Música de Meaño na especialidade de Piano/Coro, como persoal laboral temporal.

O sistema de selección será o de oposición, segundo o establecido nas bases reguladoras da convocatoria.

O prazo para a presentación de instancias será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases íntegras e os modelos de solicitude estarán dispoñibles tanto no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial coma no taboleiro de anuncios da web oficial do Concello de Meaño: https://meano.gal/anuncios

Comments