Ir o contido principal

Publicadas as bases da convocatoria para unha praza de Técnico de Administración Xeral A1 no Concello do Porriño

O Concello do Porriño vén de aprobar, mediante decreto da Alcaldía nº 2025-3134 do 03/10/2025, as bases que rexerán o proceso selectivo para cubrir definitivamente unha praza vacante de Técnico/a de Administración Xeral, grupo A, subgrupo A1, incluída na Oferta Pública de Emprego de estabilización do ano 2022.

O sistema de selección será o de concurso de méritos, no que se valorará a experiencia profesional e a formación das persoas aspirantes ata un máximo de 100 puntos.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. A tramitación poderá realizarse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello do Porriño: https://oporrino.sedelectronica.gal

Entre os requisitos para participar destacan: nacionalidade española ou doutros Estados da UE, titulación universitaria de Grao ou equivalente, posuír ou acreditar estar en condicións de obter o título CELGA 4, así como aboar os dereitos de participación establecidos.

Toda a información da convocatoria —incluídas as funcións do posto, documentación requirida, valoración de méritos e fases do proceso— poderá consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, no taboleiro da Sede Electrónica e na web municipal www.oporrino.org.

Comments