Concello de Sarria: praza de alguacil
O Concello de Sarria abre o proceso selectivo para cubrir 1 praza de alguacil como funcionario/a de carreira, incluída na Oferta de Emprego Público de 2024, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
Prazo de solicitudes: 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOE.
Dereitos de exame: 12,00 euros (nº de conta: ES43 2080 0143 3631 1000 0018).
Máis información: Bases completas dispoñibles na sede electrónica municipal https://sarria.sedelectronica.es.
Requisitos principais:
-
Idade mínima: 16 anos.
-
Nacionalidade española ou UE.
-
Titulación: estudos primarios ou equivalentes.
-
Carné de conducir B.
-
Celga 1 ou equivalente (ou superar proba de galego).




Comments