A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol abre convocatoria para a selección de dúas persoas técnicas orientadoras profesionais
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de aprobar as bases reguladoras para a elaboración dunha listaxe de selección de 2 funcionarios/as interino/as para o posto de técnico/a orientador/a profesional para a inserción dentro do Programa Integrado de Emprego de Galicia, pertencente ao subgrupo A2.
As bases íntegras do proceso selectivo poden consultarse no taboleiro electrónico da Mancomunidade, accesible a través da seguinte ligazón:
🔗 https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/
📅 O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña.
Esta convocatoria faise pública para o xeral coñecemento e co obxectivo de reforzar os servizos de orientación laboral da comarca, facilitando novas oportunidades profesionais no ámbito do emprego.




Comments