Ir o contido principal
NAUPAUMUHINA25

Náufragos de pau

O Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela acolle a exposición temporal Náufragos de pau, unha mostra do artista ferrolán Valentín Sánchez Espiñeira “Tin”, que permanecerá aberta ao público durante os próximos  meses.

A exposición recolle unha selección das súas creacións elaboradas con madeira de deriva, paus e fragmentos varados nas praias que Tin rescata e que transforma en figuras animais cheas de vida.
Cada peza nace da inspiración que lle suxire a forma natural da madeira, dando lugar a un curioso animalario.

Tin (Ferrol, 1967) estuda bioloxía e dedica case toda a súa vida profesional á poda de árbores en altura.
Do seu pai aprendeu a falar cos paxaros e amasar o pan; da súa nai, a descubrir a beleza das cousas pequenas. Pouco antes da pandemia comeza a darlle nova vida á madeira que o mar devolve ás praias galegas.

A mostra poderá visitarse no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, Santiago de Compostela) ata o 11 de xaneiro de 2026.

Comments