Ir o contido principal
CONINTGALNORCC25

25 Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo

Os días 20 e 21 de novembro, a Cidade da Cultura de Galicia acolle a 25 edición do Congreso Internacional Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo, que se desenvolve baixo o lema ‘Formación dual e emprego: novos retos, novos escenarios’.

O evento, de carácter anual e con sede alterna entre Galicia e o Norte de Portugal, reflicte un cuarto de século de compromiso coa mellora da formación e a inserción laboral.

O programa inclúe mesas redondas, paneis temáticos, comunicacións científicas, actividades de traballo en rede e espazos de innovación, co obxectivo de promover alianzas estratéxicas e compartir boas prácticas entre os distintos axentes implicados na formación e o emprego.

O congreso, organizado polo do Grupo GEFIL da USC (Grupo Galego de Estudos para a Formación e a Inserción Laboral), o Instituto do Emprego e Formación Profesional de Portugal e a Universidade do Porto, desenvólvese en formato presencial e virtual, podendo contribuír cun máximo de 2 comunicacións por persoa, as cales exporanse unicamente de forma virtual mediante o envío dun vídeo e posterior debate.

Máis información:
https://25.congresogalicianortedeportugal.es/

Comments