Convocatoria dunha praza de administrativo/a C1 no Concello de Sarreaus
O Concello de Sarreaus publica as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo/a (C1), incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2024. A convocatoria, aprobada por Decreto da Alcaldía do 25 de febreiro de 2025 e publicada no BOP de Ourense e no DOG, establece o sistema de oposición libre como método de selección.
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Ter nacionalidade española ou algunha das permitidas pola normativa vixente.
-
Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación.
-
Estar en posesión do título de bacharelato, técnico ou equivalente.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (Celga 3) ou superar a proba específica establecida.
-
Dispoñer da capacidade funcional necesaria e non estar incursas en causas de inhabilitación.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais desde a publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As instancias poderán presentarse:
-
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello ou nos lugares previstos na normativa.
-
De forma telemática mediante a sede electrónica:
https://concellosarreaus.sedelectronica.gal/info.0
Deberá achegarse, entre outra documentación, copia do DNI/NIE, titulación requirida e certificado Celga 3 (ou realizar a proba correspondente).
Proceso selectivo
A oposición constará de dous exercicios obrigatorios e eliminatorios:
-
Exame tipo test de 40 preguntas (máximo 10 puntos).
-
Proba práctica relacionada coas funcións administrativas e o uso de ferramentas ofimáticas (máximo 10 puntos).
As puntuacións e convocatorias publicaranse na sede electrónica municipal.
Publicación de resultados
Unha vez finalizado o proceso, farase pública a relación de persoas aprobadas e formularase proposta de nomeamento. As persoas seleccionadas deberán achegar a documentación requirida e tomar posesión no prazo establecido.
Toda a información e as bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Sarreaus. BOP Ourense




Comments