Convocatoria para catro prazas de Coordinador/a de Socorristas de praia no Concello de Carballo (OEP 2024)
O Concello de Carballo publicou a convocatoria e as bases xerais e específicas do proceso selectivo para cubrir catro (4) prazas de persoal laboral fixo-descontinuo, en quenda libre, para o posto de Coordinador/a de Socorristas de praia (Grupo profesional IV), incluídas na Oferta de Emprego Público Ordinaria 2024.
A convocatoria foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía nº 3296/2025 do 07/11/2025. O proceso rexerase polo sistema de concurso–oposición e permitirá, ademais, crear unha listaxe de substitucións para futuras contratacións temporais.
Requisitos principais
As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
-
Titulación de ESO ou equivalente.
-
Inscrición no Rexistro Profesional de socorristas en espazos acuáticos naturais de Galicia, ou solicitude presentada dentro do prazo.
-
Acreditación do nivel CELGA 3 ou equivalente (ou realización dunha proba específica).
-
Presentación dun certificado médico o día das probas físicas.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través da sede do Concello de Carballo (www.sede.carballo.gal), acompañadas da documentación requirida e do xustificante de pago da taxa de dereitos de exame.
Publicación e desenvolvemento do proceso
-
As bases completas publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no taboleiro da sede electrónica do Concello.
-
O anuncio da convocatoria publicarase tamén no DOG e no BOE.
-
O sistema selectivo incluirá unha fase de concurso e outra de oposición (probas físicas e outras establecidas nas bases).
Para máis información, recomendámosche consultar a convocatoria completa no BOP e na sede electrónica municipal.




Comments