Convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo/a (C2) no Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña vén de aprobar, mediante Decreto da Presidencia nº 503/2025 do 10 de novembro de 2025, a convocatoria e as bases do procedemento selectivo para cubrir unha praza de auxiliar administrativo/a (subgrupo C2) como persoal funcionario de carreira, así como para a creación dunha listaxe de agarda.
A praza está incluída como acceso libre na Oferta de Emprego Público 2025 (DOG nº 188, do 30/09/2025), e o sistema de selección será o de oposición libre.
Presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente de forma telemática a través da sede electrónica do Consorcio, empregando o sistema de identificación Cl@ve.
As persoas aspirantes deberán achegar a documentación requirida nas bases, incluíndo:
-
DNI ou pasaporte.
-
Título de ESO ou equivalente.
-
Acreditación do CELGA 3 ou equivalente (ou superar a proba correspondente).
-
Xustificante do pago da taxa (12,10 €, con bonificacións para familias numerosas).
-
No seu caso, documentación acreditativa de discapacidade e solicitude de adaptacións.
Publicacións e desenvolvemento do proceso
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase na web do Consorcio a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, abríndose un prazo de emenda.
Na resolución definitiva figurarán tamén o tribunal cualificador e a data do primeiro exercicio.
Toda a información e actualizacións estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios e na web do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.




Comments