Xornadas 'O rural galego en feminino'
Desde ADEGA convidámoste a participar nestas xornadas coas que queremos visibilizar e debater o papel das mulleres no rural desde unha perspectiva ecofeminista. Porque a loita pola igualdade e a defensa do medio ambiente son causas indisolubles!🌈
📆Sábado 29, 📍Centro Cívico Cidade Vella A Coruña
→ de 11:00 a 14:00h: conversa con María do Mar Pérez Fra (profesora da @universidade_usc), Marta García Vilar (proxecto @milloelandras) e Llerena Perozo Porteiro (activista ecofeminista e escritora).
→de 16:30 a 19:00h: taller "O emprendemento feminista contra o capitaloceno: ferramentas e aprendizaxes" con @50pesconsultoras.
📆Domingo 30, 📍Irixoa
→ Visita guiada á granxa ecolóxica de Lousada (@granxas_de_lousada) (necesaria inscrición previa. Ligazón na web de ADEGA).




Comments