Ir o contido principal
formación

 XORNADAS FORMATIVAS | 𝗗𝗘𝗥𝗘𝗜𝗧𝗢𝗦 𝗔𝗨𝗗𝗜𝗢𝗩𝗜𝗦𝗨𝗔𝗜𝗦: 𝗧𝗘𝗥𝗥𝗜𝗧𝗢𝗥𝗜𝗢𝗦, 𝗣𝗥𝗔𝗭𝗢𝗦 𝗘 𝗣𝗔𝗡𝗧𝗔𝗟𝗟𝗔𝗦

A Xunta de Galicia - @culturaxunta - e AGAPI - @agapi_asociacion - organizan o vindeiro 21 de novembro unha xornada formativa presencial centrada nos aspectos xurídicos do sector audiovisual, no marco de Galicia PROFilme (@industriasculturais).

🔹 10:30h – 13:00h
📍 Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, Santiago de Compostela) - @museodasperegrinacions -

➡️ Inscrición previa até o 20 de novembro (link nas historias e no perfil de AGAPI

Abordaranse cuestións clave como o cumprimento das normativas audiovisuais, a xestión de dereitos e territorios ou as oportunidades de negocio vinculadas á explotación das obras.

Un encontro pensado para profesionais que precisan actualizar coñecemento no ámbito legal do audiovisual, dentro dun contexto en continuo cambio.

Ali estaremos escoitando!

Comments