Crea os teus propios contidos dixitais I
📣 Abrimos inscricións para o obradoiro “Crea os teus propios contidos dixitais I”
Un taller práctico dirixido a persoas cun negocio ou cun proxecto de negocio que queiran aprender a crear publicacións efectivas para redes sociais.
Traballaremos conceptos básicos de comunicación visual e márketing dixital con exemplos reais do Ribeiro, ademais de deseño con Canva, para que poidas aplicalo ao teu día a día desde o primeiro momento.
🗓 Sábado 13 de decembro · 11:00–13:00
📍 Aula de Informática da Casa da Cultura - Ribadavia
💻 Prazas limitadas (prioridade para persoas con negocio activo)
Se queres participar cubre o formulario




Comments