Ir o contido principal
nadal

VI Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Toén

Requisitos

  • Categoría individual: Persoas maiores de idade empadroadas en Toén.

  • Categoría entidades: Asociacións, comunidades de montes e centros públicos (colexios, centros de saúde, etc.) con domicilio en Toén.

  • Categoría comercial: Titulares de establecementos comerciais no municipio.

  • Condicións: A decoración debe xirar arredor da temática do Nadal e ser visible desde o espazo público.

  • Exclusións: Non poderán participar membros da corporación, empregados municipais nin os seus familiares directos.

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de decembro de 2025 ás 14:30 horas.

Solicitudes

  • As solicitudes deben presentarse segundo o modelo oficial, dispoñible na sede electrónica ou nas oficinas municipais.

  • No caso das entidades que desexen ocupar espazo público, deberase solicitar autorización previa.

Máis información

 

Comments