Ir o contido principal
NADAL

O Concello de Outes lanza os concursos “Nadal en Outes” de decoración e postais para fomentar a creatividade e o uso do galego

O Concello de Outes vén de publicar as bases de dúas novas convocatorias vinculadas á celebración do Nadal: o Concurso de Decoración “Nadal en Outes” e o Concurso de Postais “Nadal en Outes”, iniciativas coas que se busca dinamizar a creatividade veciñal, impulsar o comercio local e promover o uso da lingua galega entre a mocidade e a infancia.

🎄 Concurso de Decoración “Nadal en Outes”

O certame está dirixido tanto a particulares como a establecementos comerciais e outras entidades, que poderán presentar as súas propostas decorativas de carácter navideño —en fachadas, balcones, xardíns, escaparates ou vidreiras— con total liberdade técnica e temática dentro do espírito do Nadal.

Prazos de inscrición:
Do 1 ao 15 de decembro de 2025 (incluídos), para ambas as categorías.
A inscrición deberá presentarse no Rexistro do Concello ou polos medios recollidos na Lei 39/2015.

O xurado valorará aspectos como a creatividade, orixinalidade, iluminación, composición e o uso da lingua galega. No caso dos comercios, tamén se terá en conta a utilización do lema municipal “Nadal en Outes”.

A puntuación final resultará dunha combinación entre a decisión do xurado (50%) e a votación popular a través da plataforma dixital habilitada para tal fin, aberta do 16 ao 26 de decembro.

Premios:

  • Particulares: 125 € para o primeiro premio e 50 € para o segundo.

  • Establecementos comerciais: 125 € para o primeiro premio e 50 € para o segundo.
    Os vales deberán empregarse no comercio local.

✉️ Concurso de Postais “Nadal en Outes”

Promovido polo Servizo de Normalización Lingüística, este concurso está dirixido a menores de idade de calquera nacionalidade, coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega e a creatividade artística a través da elaboración de postais navideñas.

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría 1: de 3 a 7 anos

  • Categoría 2: de 8 a 11 anos

  • Categoría 3: de 12 a 17 anos

Prazo de entrega: ata o 22 de decembro de 2025, no Concello (SNL) ou na Casa da Cultura.
Cada persoa poderá presentar ata dúas postais.

As postais deberán estar elaboradas en calquera técnica artística, non superar o tamaño DIN A4 e conter unha mensaxe en galego.

Premios: dúas postais gañadoras por categoría.
En cada categoría:

  • 1º premio: vale de 50 € para o comercio local + lote de libros en galego

  • 2º premio: lote de libros en galego

O xurado, composto por tres persoas designadas polo Concello, valorará a creatividade, orixinalidade, traballo artesanal e adecuación do texto ao Nadal.

 

BOP CORUÑA

Comments