Ir o contido principal

O Concello de Marín abre o proceso de selección de dous/dúas técnicos/as para o Programa Integrado de Emprego 2025-2026

O Concello de Marín vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía do 26 de novembro de 2025, as bases reguladoras para a selección de dous/dúas funcionarios/as interinos/as coa categoría de técnico/a de orientación, prospección laboral e accións de sensibilización da cultura emprendedora, destinados ao Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Marín 2025-2026.

As prazas convocadas están vinculadas á execución do devandito programa ata o 30 de setembro de 2026, ao amparo do disposto no artigo 10.1.c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015.

As bases completas do proceso selectivo atopanse publicadas no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Marín.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude de participación, xunto coa documentación requirida, no Rexistro do Concello de Marín ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. O prazo de presentación será de cinco (5) días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

BOPPO

Comments