Ir o contido principal
nadal

O Concello de Ames publica as convocatorias do IV Concurso de Decoración de Nadal Veciñal e do XX Concurso de Escaparates 2025

O Concello de Ames vén de facer públicas dúas novas convocatorias destinadas a promover a creatividade, a participación cidadá e a dinamización do comercio local durante as festas de Nadal. Ambos concursos poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), nos identificadores 872024 e 872034BOPCORUÑA

🎄 IV Concurso de Decoración de Nadal Veciñal 2025

O Decreto de Alcaldía 3761/2025 regula esta convocatoria dirixida ás persoas maiores de idade propietarias ou arrendatarias de vivendas unifamiliares empadroadas no termo municipal de Ames.

Quen pode participar?

Poderán participar aqueles propietarios/as ou arrendatarios/as que:

  • Estean empadroados na vivenda decorada.

  • Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

  • Non teñan débedas en período executivo co Concello, agás se están garantidas.

  • Non incurran nas prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003.

  • Non teñan parentesco en primeiro ou segundo grao con membros do xurado.

Finalidade do concurso

Incentívase a decoración de fachadas, balcóns, ventás e xardíns con motivos de Nadal para crear un ambiente festivo e atractivo tanto para o vecindario como para visitantes, contribuíndo tamén ao impulso do comercio local.

Premios (2.000 € en total)

  • 1.º premio: 500 €

  • 2.º premio: 500 €

  • 3.º premio: 500 €

  • 4.º premio: 500 €

Prazo e solicitude

O prazo é de 5 días hábiles desde o seguinte á publicación no BOP.
As solicitudes poden presentarse:

  • Na sede electrónica municipal.

  • Presencialmente na Casa do Concello de Bertamiráns ou nas Oficinas municipais do Milladoiro (09:00–14:00 h).

As persoas participantes deberán enviar dúas fotografías da decoración ao correo promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro de 2025.

🛍️ XX Concurso de Escaparates de Nadal 2025

Regulado polo Decreto de Alcaldía 3760/2025, este concurso busca fomentar a participación dos establecementos comerciais e de hostalaría, creando escaparates decorados con temática de Nadal para atraer clientela e dinamizar a actividade empresarial.

Quen pode participar?

Persoas físicas ou xurídicas titulares ou cotitulares dun establecemento inscrito na matrícula do IAE de Ames. Ademais deberán:

  • Ser maiores de idade no caso de persoas físicas.

  • Non estar incursas nas causas do artigo 13 da Lei 38/2003.

  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

  • Non ter débedas en período executivo co Concello, salvo se están garantidas.

  • Non ter parentesco en primeiro ou segundo grao con membros do xurado.

Finalidade do concurso

Preténdese incentivar a ornamentación dos escaparates con temática de Nadal, contribuíndo a animar as compras e promover o comercio local.

Premios (4.000 € en total + publicidade en Ames Radio)

  • 1.º premio: 1.500 €

  • 2.º premio: 1.100 €

  • 3.º premio: 800 €

  • 4.º premio: 600 €
    Inclúese ademais cesión de espazos publicitarios en Ames Radio durante un mes para os catro establecementos gañadores.

Prazo e solicitude

O prazo é de 5 días hábiles desde o día seguinte da publicación no BOP. As solicitudes poden presentarse:

  • Na sede electrónica municipal (obrigatorio para persoas xurídicas).

  • Presencialmente en Bertamiráns ou no Milladoiro (09:00–14:00 h).

As persoas participantes deberán enviar unha fotografía do escaparate ao correo promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro de 2025.

Comments