Ir o contido principal
cantar

Aprobadas as bases da 9ª edición do Premio “Quero Cantar” de música infantil e xuvenil 2026

A Deputación da Coruña vén de aprobar, mediante resolución da Presidencia, as bases da 9ª Edición do Premio “Quero Cantar”, un certame que promoverá de novo en 2026 a creatividade musical e o uso da lingua galega entre a mocidade.

O premio está dirixido a solistas e grupos infantís e xuvenís que presenten unha maqueta orixinal e inédita en galego. Establécense dúas categorías segundo a idade:

  • Categoría A (infantil): ata 12 anos.

  • Categoría B (xuvenil): de 13 a 16 anos.

As persoas participantes deberán presentar unha canción con letra e música propias. Toda a tramitación realizarase de forma telemática a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña.

Premios

Os grupos e artistas gañadores recibirán distincións como:

  • Gravación profesional da maqueta.

  • Gravación dun videoclip.

  • Material musical ou contratación de servizos profesionais por importes de 1.500 €, 1.000 € e 500 €, segundo clasificación.

  • A categoría xuvenil contará ademais cun programa formativo específico.

Os tres grupos ou artistas de cada categoría que acaden a preselección participarán na gala final no Teatro Colón da Coruña, interpretando en directo a súa canción.

Prazo de inscrición

O prazo permanecerá aberto do 1 de xaneiro de 2026 ás 08:00 h ata o 25 de marzo de 2026 ás 14:00 h, logo da publicación do extracto no BOP da Coruña.

Toda a información detallada, así como os modelos oficiais, estará dispoñible na sede electrónica da Deputación da Coruña.

Comments