Ir o contido principal
NADAL

Sober convoca os Certames de Nadal 2025 con categorías para todas as idades

O Concello de Sober vén de publicar as Bases dos Certames de Nadal 2025, unha iniciativa coa que se impulsa a participación veciñal durante as festas e se fomentan a creatividade e a ambientación navideña no municipio.

A convocatoria inclúe tres modalidades:

  • Certame de Belenes, aberto a particulares e entidades que instalen un nacemento en Sober, con dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos.

  • Certame de Decoración de Locais Comerciais, dirixido aos establecementos do termo municipal que decoren os seus espazos con temática estritamente navideña.

  • Certame de Postais, pensado para nenos, nenas e mocidade do municipio, organizado en catro categorías: A (ata 8 anos), B (9 a 11), C (12 a 16) e D (a partir de 17).

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 17 de decembro, no Departamento de Cultura, en horario de 10:00 a 14:00 h. No caso dos certames de belenes e de decoración comercial, deberán achegarse tamén tres fotografías da proposta presentada.

O xurado terá en conta criterios como a originalidade e a calidade artística, cunha puntuación máxima de 5 puntos en cada apartado.

O Concello de Sober anima á veciñanza e ao tecido comercial a participar activamente para manter vivo o espírito do Nadal e encher o municipio de creatividade e ilusión.

BOP LUGO

Comments